Raúl Fernández Fernández, nado en Castrelo do Val en 1955 e finado o 20 de xuño de 2019,Fallece Raúl Fernández, diputado socialista en el Parlamento gallego foi un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Foi mestre de ensino primario e exerceu nos colexios Verín, Padrón, Boiro, Negreira, Castrelo do Val e Oímbra. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Castrelo do Val e foi elixido alcalde con maioría simple. Nas municipais de 1991 foi reelixido alcalde con maioría absoluta, sendo designado deputado provincial para ese mandato. Volveu revalidala alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 1995, 1999 e 2003.
En agosto de 2005 foi nomeado delegado territorial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, onde se mantivo ata a derrota do PSdeG nas eleccións autonómicas de 2009. Nas eleccións municipais de 2011 volveu ser elixido concelleiro en Castrelo do Val. En novembro de 2009 foi elixido Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense, cargo que revalidou en maio de 2012 e no que se mantivo ata novembro de 2017. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 2012, acta que revalidou nas autonómicas de 2016.
En novembro de 2020 foi elixido fillo predilecto de Castrelo do Val. O colexio da localidade tamén leva o seu nome desde ese mesmo ano.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Castrelo do Val
Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Alcaldes de Castrelo do Val Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Castrelo do Val Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes