O Castro de Vilela ou Monte do Castro é un poboado castrexo situado na ladeira dos montes de Bailadora, no concello de Ferrol.
Descrición O castro é de forma ovalada duns 90 por 70 metros, son dúas áreas nun eixo SO-NL (castro e antecastro respectivamente). Ao oeste, na parte alta do castro aínda pode verse o foxo e un muro. Na parte baixa hai vivendas e outras construcións. A zona está catalogada coma zona arqueolóxica protexida.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Arco Ártabro
Ligazóns externas Excmo. Concello de Ferrol. Revisión y adaptación del plan general de ordenación municipal. Catálogo de bienes protegidos Xunta de Galicia.
Vilela