O cangrexo ermitán propiamente dito,cangrexo ermitán no dicionario da RAG.Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 242. tamén denominado simplemente ermitán ermitán2 no dicionario da RAG. e carlou, Pagurus bernhardus, é unha especie de crustáceo decápodo da infraorde dos anomuros, superfamilia dos paguroideos, a máis común das da familia dos pagúridos nas costas europeas do océano Atlántico.

Taxonomía A especie foi descrita en 1758 por Lineo na décima edición da súa obra Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis ("Sistema da natureza, nos tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares"),Pagurus bernhardus (Linnaeus, 1758) baixo o nome de Cancer bernhardus.

Ao longo do tempo o ermitán coñeceuse polos sinónimos seguintes:

Bernhardus typicus Dana, 1851 Cancer bernhardus Linnaeus, 1758 (basónimo) Eupagurus bernhardus (Linnaeus, 1767) Pagurus streblonyx Leach, 1815 Pagurus ulidianus Bell, 1845

Hábitat e distribución Pagurus bernhardus encóntrase en zonas rochosas e areosas das costas do Atlántico nororiental,Türkay, M. (2001), pp. 284-292. desde o Ártico (Svalbard, Islandia e norte de Rusia) até, polo sur, ás meridionais de Portugal,Hayward, P. J. & Ryland, J. S., eds. (1990):The marine fauna of the British Isles and North-West Europe: 1. Introduction and protozoans to arthropods. Oxford, UK: Clarendon Press. ISBN 0-19-857356-1. internándose así mesmo polas do mar Mediterráneo.El Lakhrach, H. & Hattour, A. (2010): "Répartition des Crustacés Décapodes dans le Golfe de Gabès". Rapp. Comm. int. Mer Médit., 39. Tamén se encontra nas illas Azores.Borges, P. A. V.; Costa, A.; Cunha, R.; Gabriel, R.; Gonçalves, V.; Martins, A. F.; Melo, I.; Parente, M.; Raposeiro, P.; Rodrigues, P.; Santos, R. S.; Silva, L.; Vieira, P. & Vieira, V. eds. (2010): Listagem dos organismos terrestres e marinhos dos Açores 1ª edição. Oeiras: Princípia Editora, Lda. ISBN 978-989-8131-75-1.

Pode verse en pozas na zona intermareal, na baixamar, e en augas de até unha profundidade de aproximadamente 140 m. Os exemplares máis pequenos son os que adoitan verse nas pozas, mentres que os máis grandes habitan en zonas profundas.

Características e bioloxía Trátase dun pequeno cangrexo duns 3,5 cm de lonxitude, que, debido á desprotección do seu abdome non calcificado (como en todos os paguroideos), utiliza como protección ou casa ambulante cunchas baleiras de gran número de moluscos gasterópodos, como as de Littorina littorea, Littorina obtusata, Nassarius reticulatus, Gibbula umbilicalis, Nucela lapillus e de varias especies de cornos do xénero Buccinum.

Nas zonas de augas máis quentes da súa área de distribución, a anemone de mar Calliactis parasitica adoita encontrarse adherida á cuncha ocupada por Pagurus bernhardus. Nas augas máis frías, este papel desempéñao Hormathia digitata.

Os cangrexos ermitáns loitan entre si para conseguir boas cunchas nas que albergarse, e teñen preferencia polas de certas especies.

Alimentación O ermitán é un omnívoro que se alimenta sobre todo de cadáveres (detrirívoro), aproveitando as oportunidades que lle ofrecen as preas que encontra, comendo tamén as algas que están mesturadas con elas, pero tamén pode filtrar alimento do plancto cando é necesario.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Türkay, M. (2001): "Decapoda" en: Costello, M. J. et al. eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-292. ISBN 2-85653-538-0. McLaughlin, P. A.; Lemaitre, R. & Sorhannus, U. (2007): "Hermit crab phylogeny: a reappraisal and its “fall-out”". Journal of Crustacean Biology, 27 (1): 97-115. Resumo

Outros artigos Anomuros Paguroideos

Ligazóns externas Common hermit crab (Pagurus bernhardus) en ARKive Ampla información e imaxes. Consultada o 25 de agosto de 2014. Le bernard l'ermite (Pagurus bernhardus) en Centre de découverte de la pêche . Consultada o 25 de agosto de 2014. Some Crabs Crabbier Than Others . Consultada o 25 de agosto de 2014. Pagurus bernhardus no SIIT. Consultada o 25 de agosto de 2014.

Categoría:Anomuros Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1758