Para o antigo pobo indoeuropeo dos Balcáns, véxase Dardania (Europa).
miniatura|Mapa coa situación de Dardania. Na mitoloxía grega Dardania (en grego antigo Δαρδανία Dardanía) é o nome da cidade fundada na aba do monte Ida por Dárdano, de quen tanto a rexión como o pobo tomaron o seu nome.
De Tros, o neto de Dárdano, a xente conseguiu o nome adicional de troianos e a rexión o nome de Tróade. Ilo, o fillo de Tros, fundou unha cidade chamada Ilión (en latín Ilium), máis alá da chaira troiana, cidade máis comunmente chamada Troia. O reino foi dividido entre Ilión e Dardania.
Harry Thurston Peck, no Harper's Dictionary of Classical Antiquity de 1898, define de forma parecida a Dardania «como un distrito da Tróade, estendéndose ao longo do Helesponto, ao sueste de Abidos, e adxacente ao territorio de Ilión».
O seu pobo, os dardanios, aparecen na guerra de Troia baixo o mando de Eneas, en firme alianza cos troianos, cuxos nomes son con frecuencia intercambiados, especialmente polos poetas romanos.Harry Thurston Peck, Harper's Dictionary of Classical Antiquity, 1898.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Guerra de Troia Cabalo de Troia
Categoría:Lugares da mitoloxía grega