Fernando Patricio Cortizo, nado na Coruña o 24 de abril de 1972, é un historiador galego.
Traxectoria Técnico especialista en cultivos mariños. Historiador naval e investigador de naufraxios. Ten participado en numerosas publicacións, conferencias, e en diversos medios de comunicación, especialmente no referido á historia dos naufraxios marítimos na costa galega.
Obra en galego Ensaio Manual do alumno de mergullo con tubo, 1999, Edicións Lea. Historia da Costa galega e dos seus naufraxios S. I - S. XIX, 2000, Edicións Lea. Historia da Costa galega e os seus naufraxios S. XX, 2004, Xerais.
Obras colectivas De Liverpool ás Sisargas. A derradeira travesía do Priam, 2014, con Xabier Maceiras, Edicións Embora.
Obra en castelán Ensaio Escarnio: La tragedia gallega del Prestige, 2005, Fene.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Galegos
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1972 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes