Carpo (Καρπω), na mitoloxía grega, era unha das Horas. Estaba a cargo do outono, da maduración dos froitos e da colleita, así como de protexer o camiño ao Monte Olimpo e despexar as nubes que rodeaban a montaña cando ía alí algún dos deuses. Era axudante de Perséfone, Afrodita e Hera, e tamén se ten asociado adoito con Dioniso, Apolo e Pan.

Categoría:Deusas gregas Categoría:Descendentes de Zeus