"The Girl Is Mine" é un sinxelo de Michael Jackson e Paul McCartney. Foi escrita por Jackson e producido por Quincy Jones (con coprodución de Jackson). Foi lanzado como o primeito sinxelo do sexto álbum en solitario, Thriller (1982). A canción foi gravada nos Westlake Studios, nos Ánxeles, do 14 ó 16 de abril de 1982. O ano anterior, Jackson e McCartney gravaran xuntos "Say Say Say" e "The Man" para o quinto álbum de estudio de McCartney, Pipes of Peace (1983). Malia que se estreou como sinxelo, Jackson nunca a interpretou en directo.

"The Girl Is Mine" acadou un grande éxito nas listas musicais. Conseguiu o número dous na Billboard Hot 100 e o número oito no Reino Unido. En 1985, vendera 1,3 millóns de copias, e posteriormente foi certificado co Disco de Platino pola Recording Industry Association of America.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

George, Nelson (2004). Michael Jackson: The Ultimate Collection booklet. Sony BMG.

Categoría:Sinxelos de 1982 Categoría:Cancións de Michael Jackson