Timeo de Tauromenio, nado en Tauromenio, a actual Taormina (Sicilia) sobre o -350 e finado en Siracusa sobre o -260, foi un historiador grego.

Traxectoria Era fillo de Andrómaco de Tauromenio. No ano -316 a cidade foi conquistada polo tirano de Siracusa, Agatocles e Timeo viuse obrigado a se exiliar en Atenas, onde se familiarizou coa retórica de Filisco, un discípulo de Isócrates. Comezou alí a confección de obras históricas. Probabelmente regresou a Siracusa en torno ao ano -269, cando a cidade se atopaba baixo a tiranía de Hieron II, e se cadra morreu nesa cidade pouco despois do -260. Obra Timeo escribiu unha obra de trinta e oito libros sobre a historia dos gregos no Mediterráneo occidental, cuxos cinco primeiros libros estaban dedicados aos demais pobos da zona, entre eles aos romanos. Isto, xunto aos seus escritos sobre as guerras de Pirro, convérteno no primeiro historiador grego coñecido que profundou seriamente na historia romanaCornell, 1999, p. 25.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Historiadores da Grecia antiga Categoría:Grecia antiga Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Escritores en lingua grega