Ricart (tamén chamado 'Ricart y Pérez') foi un fabricante español de automóbiles con sede en Barcelona de 1922 ata 1926.
Historia da compañía
A empresa Sociedad Anónima de los Motores Ricart y Pérez foi fundada en 1922 en Barcelona por Wifredo Ricart e Francisco Pérez Olaguer para a produción de automóbiles. En 1926, cesou a produción de automóbiles, aínda que a compañía continuou existindo e continuaron producindo motores ata 1960.Entrevista a Wifredo Ricart (español) Ese mesmo ano, 1926, Wifredo Ricart fundou a súa propia compañía "Ricart" antes de que en 1928, xunto con Felipe Batlló y Godó, que traballaba en Automóviles España, fundaran Ricart-España.
Produciu sobre todo coches de carreiras. O primeiro modelo tiña un motor de catro cilindros con 1000 cc. En 1926 fixeron tamén un modelo de seis cilindros e 1500 cc, pero non chegaron a producirse en masa.
Un vehículo desta marca é visible na Col·lecció Ramón Magriñá i Berga en Masllorenç. centro|miniatura|Ricart de 1922.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Harald H. Linz, Halwart Schrader: Die große Automobil-Enzyklopädie. BLV, München 1986, ISBN 3-405-12974-5 G. N. Georgano: Autos. Encyclopédie complète. 1885 à nos jours. Courtille, 1975
Ligazóns externas
Automóbiles e coches Ricart y Pérez
Categoría:Fabricantes de automóbiles de España Categoría:Empresas de Cataluña