Spring Breakers é unha película estadounidense de 2013 dirixida e escrita por Harmony Korine, protagonizada por James Franco, Selena Gomez, Vanessa Hudgens, Ashley Benson, Rachel Korine, e Gucci Mane. A película conta a historia de catro mozas universitarias que deciden roubar un restaurante de comida rápida co fin de pagar as súas vacacións de primavera.

A película foi seleccionada para competir polo León de Ouro no Festival Internacional de Cine de Venecia de 2012.

Sinopse Catro estudantes de universidade chamadas Faith (Selena Gomez), Brit (Ashley Benson), Candy (Vanessa Hudgens) e Cotty (Rachel Korine) queren xuntar cartos para a súa viaxe de vacacións de primavera asaltando un posto de comida rápida. Logo, durante unha noite de festa, as rapazas son arrestadas con cargos por drogas. Con resaca e vestidas só cos seus bikinis, comparecen ante un xuíz, pero son liberadas grazas a Alien (James Franco), un matón local traficante de armas e drogas que as toma baixo a súa proteción e as leva ás vacacións máis salvaxes da súa vida.

Elenco de actores thumb|Unha parte do elenco principal na estrea do filme en París en febreiro de 2013 (de esquerda a dereita: Rachel Korine, Ashley Benson, Selena Gomez e Vanessa Hudgens). James Franco como Alien. Selena Gomez como Faith. Vanessa Hudgens como Candy. Ashley Benson como Brit. Rachel Korine como Cotty. Heather Morris como Bess. Gucci Mane como Archie. Ash Lendzion como Forest. Sidney e Thurman Sewell/The ATL Twins como Xemelgos Narcotraficantes.

Produción Segundo Harmony Korine, escribiu a película para «compensar» as súas propias vacacións de primavera, xa que se dedicou por completo ao skate, perdeuse no que el veu como unha oportunidade para «actividades hedonistas». A formación orixinal para as protagonistas era Selena Gomez, Vanessa Hudgens e Emma Roberts. Rachel Korine foi a primeira en confirmarse no proxecto. Emma Roberts retirouse da filmación a mediados de 2012 debido a «diferenzas creativas que non podían ser resoltas». O director Korine reuniu a propósito un grupo de actrices novas coñecidas cunha reputación similar á de Roberts en Hollywood. A película filmouse entre marzo e abril de 2012 en e nos arredores de St. Petersburg, Florida. Unha vista previa de tres minutos da película estreouse no Festival de Cine de Cannes 2012. Confirmouse que Skrillex produciría a banda sonora da película.

Recepción A película recibiu críticas xeralmente positivas. A páxina de críticas Rotten Tomatoes dá unha puntuación "fresca" de 75% baseada nos comentarios de 75 críticos, cunha cualificación media de 6,4 sobre 10. O consenso do sitio reza así: "Spring Breakers mestura un punzante comentario social con bikini cheesecake e un desempeño virtuoso de James Franco". En Metacritic, a película ten unha puntuación de 64 sobre 100, baseado nos comentarios de 18 críticos, o que indica "críticas xeralmente favorables".

Premios e nomeamentos Ano Premio Categoría Nomeado/a Resultado 2012 Festival Internacional de Cine de VeneciaLeón de Ouro Harmony KorineNomeadoPremio dixital do festival de películas futuras - Mención especialGañador2014MTV Movie AwardsMellor BicoAshley Benson, James Franco e Vanessa HudgensNomeado

Notas

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Florida Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes de A24 Films Categoría:Filmes ambientados en Florida