miniatura|Foto de época, de Chicharro, do Hotel Compostela. Antonio de Cominges Tapias, nado en Vigo o 24 de xullo de 1897 e finado ibídem o 27 de xaneiro de 1987, foi un arquitecto galego. miniatura|Sede da Caixa de Aforros de Vigo, logo Caixanova, despois Novacaixagalicia, máis tarde Abanca. Traxectoria Licenciouse en Madrid en 1924 e traballou de profesor na Escola de Artes e Oficios de Vigo dende 1927 ata 1967. Foi arquitecto municipal en Santiago de Compostela de 1930 a 1931 e logo traballou en Vigo.

O seu estilo estivo influenciado por Manuel Gómez Román e Antonio Palacios.

Obra Hotel Compostela, en Santiago (1930). Escola Naval de Marín."Entre ladrillos y adoquines" Faro de Vigo, 21/7/2013 . En Vigo miniatura|Igrexa de Nosa Señora de Fátima. Chalé sede do Real Club Celta, entre a rúa Conde de Gondomar e a Praza de España. Colexio San Xosé de Cluny, na Estrada Provincial (1929). Fogar e Clínica de San Rafael, na Rúa San Xoán de Deus (1935). Proxecto de cine na esquina de Velázquez Moreno con Marques de Valladares. Non chegou a facerse.Garrido Rodríguez, Jaime. Vigo. La ciudad que se perdió, arquitectura desaparecida, arquitectura no realizada, 3ª ed., p. 119 e 121, Deputación Provincial de Pontevedra, 1994, ISBN 84-86845-92-0. Instituto Santa Irene, na Praza de América (1941). Colexio-fogar San Roque, entre a Rúa Filipinas e a Avda. de Madrid (1943). Sede Social de Abanca (antes Caixa de Aforros de Vigo), na Rúa García Barbón (1948).Sede Social de Novacaixagalicia na páxina do Concello Fachada da Igrexa de Oia (1951).Igrexa de Oia na páxina do Concello Igrexa de Nosa Señora de Fátima, na Rúa pino esquina Vía Norte (1951).Igrexa de Fátima na páxina do Concello Igrexa de Nosa Señora do Carme, na Rúa Pintor Laxeiro (1951).Igrexa do Carme na páxina do Concello Fogar San Paio (Gota de Leche) na Ronda de Don Bosco (1953).«Los 50 años de "La Gota de Leche"» Faro de Vigo, 4/8/2010 . Capela das Trinitarias, na Rúa Ecuador (1953). Igrexa de San Francisco Xabier, no colexio xesuíta Apóstolo Santiago na Rúa Sanjurjo Badía (1954). Igrexa da Soidade, na Atalaia do Monte do Castro (1957).Igrexa da Soidade na páxina do Concello

Conta con obra singular conservada en Bouzas.

Recoñecemento Ó ano do pasamento, o Concello de Vigo púxolle o seu nome a unha rúa da cidade.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Artigo "COMINGES TAPIAS, Antonio de" da Gran Enciclopedia Galega.