O sapoconcho da Florida, tamén chamado sapoconcho americanoNome galego en Boletín Oficial del Estado (versión oficial galega) (Trachemys scripta) é unha especie de tartaruga acuática (sapoconcho) da familia Emydidae.
Vive en lameiros, brañas, encoros e outras augas doces. Aliméntase de diversos animais e plantas. É orixinaria das zonas tropicais e subtropicais das Américas, mais actualmente é coñecida como mascota no oriente de Asia, en Europa e outros lugares do mundo onde foi introducida, especialmente a subespecie da Florida Trachemys scripta elegans. Prohibiuse a introdución desta subespecie en Europa por mor a que se crearon poboacións en moitos lugares do continente pola ceiba incontrolada de exemplares que se adquiriran coma mascotas, e que provocaron danos nos ecosistemas locais.
Taxonomía
Subespecies antigas right|miniatura|Sapoconcho da Florida (Trachemys scripta elegans)
Antigamente contábanse 15 subespecies: Trachemys scripta callirostris (Gray 1856) Colombia e occidente de Venezuela. (Hoxe Trachemys callirostris callirostris) Trachemys scripta cataspila (Gunther 1885) golfo de México. (Hoxe Trachemys venusta cataspila) Trachemys scripta chichiriviche (Pritchard & Trebbau 1984) Venezuela. (Hoxe Trachemys callirostris chichiriviche) Trachemys scripta dorbigni (Dumeril & Bibron 1835) O Brasil, Paraguai, a Arxentina e o Uruguai. (Hoxe Trachemys dorbigni) Trachemys scripta elegans (Wied 1839) Centro e sur dos Estados Unidos Trachemys scripta emolli (Legler 1990) Nicaragua. (Hoxe Trachemys emolli) Trachemys scripta grayi (Boucourt 1868) Centroamérica. (Hoxe Trachemys venusta grayi) Trachemys scripta hartwegi (Legler 1990) Durango. (Hoxe Trachemys nebulosa hartwegi) Trachemys scripta hiltoni (Carr 1942) Golfo de California, río Fuerte. (Hoxe Trachemys nebulosa hiltoni) Trachemys scripta nebulosa (Van Denburgh 1895) Baixa California. (Hoxe Trachemys nebulosa nebulosa) Trachemys scripta ornata (Gray 1831) Dende México deica o occidente de Colombia. (Hoxe Trachemys ornata) Trachemys scripta scripta (Schoepff 1792) Florida, sueste dos Estados Unidos. Sapoconcho da Florida Trachemys scripta taylori (Gray 1831) Coahuila (Hoxe Trachemys taylori) Trachemys scripta troostii (Holbrook 1836) Tennessee e Kentucky. Trachemys scripta venusta (Gray 1855) Sur de México, Guatemala e Belize. (Hoxe Trachemys venusta venusta) Trachemys scripta yaquia (Legler & Webb 1970) Sonora, norte de México. (Hoxe Trachemys yaquia)
Cada subespecie ten unha coloración diferente na coiraza e a testa.
Subespecies actuais
Actualmente coñécense 3 subespecies
Sapoconcho de orellas vermellas (Trachemys scripta elegans): Texas, Oklahoma, Novo México, Kansas, Kentucky, Indiana, Alabama, Tennessee, Arkansas, Illinois e Missouri. É a especie de tartaruga máis coñecida no mundo. Importouse en grandes cantidades a moitos países do mundo, onde a xente ceibounas e comezan a ser unha praga. Ten a coiraza verde, que co tempo se torna marrón, con algunhas pintas amarelas. O plastrón (peiteira) é amarelo con máculas negras. A súa característica máis distintiva é unha gran mancha vermella tralas orellas. Até 28 cm.
Sapoconcho de orellas amarelas (Trachemys scripta scripta): Virxinia, Carolina do Norte, Florida, Carolina do Sur e Xeorxia. Coiraza de cor negra cunhas raias verticais sutís de cor marrón. O plastrón é amarelo, sen máculas ou cunhas poucas de cor negra. A testa é escura cunhas grandes pintas de cor amarela intensa. Até 25 cm.
Sapoconcho de Cumberland (Trachemys scripta troosti): Tennessee e Kentucky. Coiraza verde con algunhas pintas claras e plastrón amarelo con máculas negras. Na testa ten unha mancha amarela pálida. É probábel que sexa a evolución de híbridos entre T.s. elegans e T.s. scripta, xa que posúe caracteres de ambas as dúas especies e a súa distribución está tamén situada entre a de ambas as dúas especies. Até 21 cm.
Descrición Estas subespecies poden acadar de 20 a 30 cm de longo, aínda que non é frecuente que superen os 25 cm. Os machos son de menor tamaño mais teñen as unllas e a cola máis longas. As femias acadan un tamaño maior ca os machos, porén teñen a cola e as unllas moito máis curtas.
Carácter invasor Por mor do seu potencial colonizador e constituíren unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi catalogada no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado polo Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro,http://www.boe.es/boe/dias/2011/12/12/pdfs/BOE-A-2011-19398.pdf Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro estando prohibida en España, e polo tanto en Galicia, a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Criptódiros Categoría:Especies invasoras animais Categoría:Fauna de América do Norte Categoría:Animais descritos en 1792