O son do ar é o primeiro álbum de estudio do grupo de folk galego Luar na Lubre. Publicouse en 1988, baixo o selo Edigal. Foi reeditado en CD en 1997, polo selo Punteiro e en 2000, por Warner Music.

O disco foi gravado nos estudios Aula Taller, da Coruña e está adicado a Rafael Mejuto García, anterior membro da banda finado en 1987. Contén o coñecido tema "O son do ar", que posteriormente gravou Mike Oldfield baixo o título de "The Song of the Sun".

Lista de cancións

Formación Patxi Bermúdez: Tamboril, pandeiro e bodhran Daniel Cerqueiro: Guitarra acústica Xan Cerqueiro: Frautas traveseiras, irlandesas, soprano, gaita e punteiro Ana Espinosa: Voz e teclados Roberto Ouro: Baixo eléctrico e mandolina Bieito Romero: Gaitas galegas, tin whistle, punteiro, acordeón diatónico Xulio Varela: Pandeirete, bodhran, gaita, castañuelas, voz e punteiro

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do disco no sitio web oficial do grupo Datos do disco orixinal en Discogs Datos da reedición do disco en Discogs

Categoría:Álbums musicais de 1988 Categoría:Álbums de Luar na Lubre