miniatura|page=7|300px|Acta de fundación e actas das reunións da sociedade Galicia Literaria.

Galicia Literaria foi unha asociación de galegos residentes en Madrid con inquietudes literarias activa entre 1875 e 1876.

Historia e características Fundada polo poeta vigués Teodosio Vesteiro Torres, a primeira reunión celebrouse o 20 de setembro de 1875. O obxectivo principal da Asociación, segundo os seus estatutos, era:

O seu primeiro presidente foi Francisco Añón e o secretario, o fundador Teodosio Vesteiro Torres. Reuníanse en sesións ordinarias os días 10, 20 e 30 de cada mes, e realizaban algunhas reunións extraordinarias con motivo da celebración dalgunha efeméride destacada de índole cultural. Nestas sesións falábase e discutíase de literatura e os membros lían os seus traballos ao resto dos compañeiros. Desta asociación saíron algunhas publicacións.

En xaneiro de 1876 realizouse un engadido ás bases para extrapolar os seus obxectivos ao ámbito das Ciencias.

A diferenza de caracteres e ideoloxías políticas xerou algunhas disensións no seo da asociación que provocaron a súa disolución. O incidente máis grave produciuse cando algúns membros, entre eles Manuel Curros Enríquez e Jesús Muruais, propuxeron a publicación dun libro titulado Los gallegos pintados por sí mismos, unha especie de recompilación de tipos galegos. Andrés Muruais e Francisco Añón rexeitaron a idea, argumentando que a natureza da obra prestábase a mostrar unha Galicia estereotipada e polo tanto a imaxe que o libro puidese dar sería moi negativa. Esta disputa case chega ás mans. Dende ese día a asociación foi a menos e Teodosio Vesteiro Torres escribiu a última anotación no libro de actas o 30 de xaneiro de 1876.

Membros Nome Datos Sinatura Imaxe Obra destacada Teodosio Vesteiro Torres (Vigo, 12/6/1847 - Madrid, 12/6/1876) 151 px 50 px Galería de gallegos ilustres Francisco Añón Paz (Outes, 9/10/1812 - Madrid, 20/4/1878) 150 px 50 px Poesías gallegas y castellanas Manuel Curros Enríquez (Celanova, 15/9/1851 - A Habana, 7/3/1908) 150 px 50 px Aires da miña terra Celso García de la Riega (Pontevedra, 26/8/1844 - Pontevedra, 3/2/1914) 150 px 50 px Colón pontevedrés Andrés Muruais Rodríguez (Pontevedra, 20/11/1851 - Pontevedra, 21/10/1882) 150 px 50 px La hija del timonel Jesús Muruais Rodríguez (Pontevedra, 23/12/1852 - Pontevedra, 1903) 150 px 50 px Cuentos soporíferos Luís Taboada Coca (Vigo, 6/10/1848 - Madrid, 18/2/1906) 151 px 50 px Afinador y mártir Arturo Vázquez Núñez (Ourense, 15/11/1852 - Ourense 2/3/1907) 150 px 50 px Iglesias románicas de la provincia de Orense Emilia Calé Torres(A Coruña, 12/2/1837 - Madrid,18/9/1908). 150 px 50px Crespusculares José Novo García (Ferrol ?? - A Coruña 18/10/1898)Enciclopedia Galega Universal. Edit. Ir Indo. Vigo 2002. ISBN 8476802889 150 px 50 px Por Galicia (cuartillas y apuntes) Cecilio Gómez Labrada 150 px Emilio Núñez Couto 150 px Victorino Novo García (Ferrol ?? - A Coruña 26/11/1899) 150 px Historia de Ferrol Evaristo Vázquez Reyes 150 px Felipe Neri Vázquez Vázquez Lorenzo Gómez Quintero Morado (?? - Madrid 23/11/1906) La escritura y la imprenta desde sus primitivos tiempos Juan Benito Álvarez Mera La Juventud Católica de Tuy (revista) Manuel Rey de Rey

Notas

Véxase tamén Bibliografía Álvarez de la Granja, María (1996). "Teodosio Vesteiro Torres: Vida e Obra" (35,8 MB) en "Boletín del Instituto de Estudios Vigueses", n. 2 pp. 17–36.

Categoría:Asociacións culturais Categoría:Galegos de Madrid