miniatura|O equipo serbio nun tempo morto nun partido contra Ucraína no Eurobasket de 2013 A selección de baloncesto de Serbia (en serbio Кошаркашка репрезентација Србије / Košarkaška reprezentacija Srbije) representa óa Serbia nos torneos de baloncesto profesional internacionais. Está organizada pola Federación Serbia de Baloncesto.
O equipo foi coñecido ata abril de 1992como selección de baloncesto de Iugoslavia, e ata xuño de 2006 como selección de baloncesto de Serbia e Montenegro. Cando Serbia se independizou, converteuse no sucesor de Serbia e Montenegro e, polo tanto, os resultados da anterior RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro lle pertencen por dereito. Con todo a RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro non é considerada a sucesora da República Federal Socialista de Iugoslavia, polo que os resultados anteriores a 1992 non pertencen ao actual equipo.
Historia RFS Iugoslavia (1936–1991)
RF Iugoslavia / Serbia e Montenegro (1992–2006)
A pesar de ser un país notablemente máis pequeno, o equipo nacional de baloncesto continuaou a ser moi competitivo na escena internacional. Gañaron varios campionatos de Europa e do Mundo. Dominaron a escena mundial nos anos 1990, nas xeraciónslideradas por xogadores como Vlade Divac, Peja Stojaković, Aleksandar Đorđević e Dejan Bodiroga, mais atravesou unha crise a principios dos anos 2000.
No Eurobasket gañaron 3 medallas de ouro en 1995, 1997 e 2001, e unha de bronce en 1999. Serbia organizou Eurobasket 2005, mais só puido finalizar no 9º lugar. Tamén conseguiu unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1996.
O Comité Olímpico Serbio elixiu o equipo de baloncesto como o mellor equipo masculino cinco veces entre 1995 e 1998, e en 2002.http://www.oks.org.rs/?page_id=462&lang=sr-latn
Serbia (2006–presente) Unha nova xeración, de novo liderada polo adestrador Dušan Ivković recuperou algo da vella gloria conseguindo a medalla de prata no Eurobasket 2009, e a cuarta praza no Campionato do Mundo de Baloncesto de 2010, co equipo máis novo. A finais de 2013, o membro do salón da fama serbio Aleksandar Đorđević foi confirmado como sucesor de Ivković.
Xogadores Equipo actual Equipo para o Campionato do Mundo de Baloncesto de 2019. Selección de baloncesto de Serbia Xogadores Pos. # Nome Altura Peso Club
Notas
Serbia Categoría:Baloncesto en Serbia baloncesto