Lara Rozados Lorenzo, nada en Poio o 22 de outubro de 1982, é unha xornalista, profesora e escritora galega. dereita|miniatura|Lara Rozados en 2022.

Traxectoria Viviu en Pontevedra até os seis anos, despois en Ferrol, e con sete trasladouse a Santiago de Compostela. Estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Literatura en 2018 coa tese Prácticas performativas nas poetas galegas contemporáneas. O corpo e a voz como espazos de resistencia. Traballou en Vieiros e A Nosa Terra e despois na compañía de teatro Berrobambán. Fixo un mestrado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Traballou en Sermos Galiza e na edición do Deza de Faro de Vigo. Traballa nas asociacións Itaca, Cineclub de Compostela e Histeria Teatro. Publicou nos libros Non conciliados e Pirata que editou o Cineclub de Compostela. Exerce como docente de educación secundaria dende 2020.

Obras O caderno amarelo, 2014.

Obras colectivas Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.

Premios Premio de poesía Victoriano Taibo no 2014, por O caderno amarelo.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en Letra en obras “O caderno amarelo”, de Lara Rozados Lorenzo gaña o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Entrevista en Sermos Galiza

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia

Categoría:Profesores de educación secundaria

Categoría:Nados en Poio Categoría:Nados en 1982