José López Amarante, nado en Santiago de Compostela en 1814 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1884Gaceta de Galicia, 20-9-1884, p. 1., foi un profesor e político galego.
Traxectoria Fillo do comerciante chantadino José Alonso López e a ordense Antonia Viqueira. Catedrático de Historia na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela (1847-1850) e de Xeografía e Historia no Instituto de Santiago desde 1850 até o seu falecemento, foi tamén o seu primeiro Director (1847-1884). Desde o 22 de xuño de 1883 exerceu como rexedor independente do Concello de Santiago e Compostela, acadando interinamente a alcaldía o 1 de abril de 1884, cargo que desenvolveu até o seu pasamento.
Académico da Real Academia de la Historia, foi tamén vice-director da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (sobre 1873) e director da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago desde o 1 de febreiro de 1880
Casou con Concepción Mora Roca, da que tivo catro fillos.
Notas
Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1814 Categoría:Finados en 1884 Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos