Felipe Gutiérrez-de la Peña Tostado, finado en Santiago de Compostela o 17 de abril de 1907El Norte de Galicia, 22-4-1907, p. 3., foi un avogado e político galego.

Traxectoria Era Cabaleiro da Nobreza Colexiada. Encabezou a candidatura do Comité electoral-popular de Santiago ás eleccións municipais de 1881, foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela por Real Orde de 25 de xuño e tomou posesión o 1 de xullo. Permaneceu no cargo até 1883. Foi bibliotecario arquiveiro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1889).

Notas

Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1907 Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Nados no século XIX