Francisco Piñeiro Pérez, nado en Santiago de Compostela en 1864 e finado en Cambados o 20 de febreiro de 1951La Noche, 21-2-1951, p. 8., foi un profesor e político galego.

Traxectoria Foi catedrático de Patoloxía Cirúrxica da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Vencellado ao monterismo tomou posesión como alcalde de Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1909, permanecendo no cargo até 1910. Foi decano da Facultade de Medicina (1921-1923). Xubilouse como catedrático en 1935.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes