Fernando Roca de Togores Aguirre-Solarte, marqués de Molins e marqués de Rocamora, nado en Madrid o 4 de marzo de 1859 e finado en Donostia a principios de xullo de 1939,Necrolóxica en ABC, 4-7-1939, p. 18. foi un político español.
Traxectoria Fillo de Mariano Roca de Togores Carrasco e cuñado de Raimundo Fernández Villaverde. Pertenceu á carreira diplomática. Nas eleccións de 1886 foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Sahagún. Nas eleccións de 1899 volveu ser elixido polo distrito de Albacete. Foi senador pola provincia de Alicante (1903-1904 e 1904-1905). Nas eleccións de 1905 foi deputado por Ponte Caldelas e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1907. O 12 de novembro de 1890 a rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena concedeulle o título de marqués de Rocamora. Foi procesado en 1932 pola Sanjurjada e declarado en rebeldía. Estivo preso no cárcere Modelo.
Vida persoal Casou en 1882 con María del Carmen Caballero Saavedra e foi pai de Fernando Roca de Togores Caballero (1884-1935), II marqués de Rocamora.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Xenealoxía Roca de Togores
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de España Categoría:Nados en Madrid
Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1939