Jude o escuro (en ) é a última novela completa do autor inglés Thomas Hardy. Inicialmente apareceu en revistas e foi publicada por vez primeira en forma de libro no ano 1895.

Foi traducido ó galego por María Fe González e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2014.

Trama e características Trátase dunha novela extensa na que o protagonista, Jude Fawley, é un mozo orfo de clase baixa que traballa como restaurador e eslumece por entrar na Universidade e devir un erudito. O outro personaxe principal é Sue Bridehead, a súa curmá. Entre eles existe un nexo íntimo que supón un dos elementos centrais da obra. Outros temas que trata son a cuestión de clase, a educación, a relixión e os seus dogmas ou o concepto de matrimonio.

Adaptacións a outros formatos A novela foi adaptada ao cinema e á televisión. Así, existe o filme Jude the Obscure, de 1971, dirixido por Hugh David, cos actores Robert Powell e Fiona Walker. Tamén hai unha versión máis actual, Jude, de 1996, do realizador Michael Winterbottom, coa participación dos actores Christopher Eccleston e Kate Winslet.

Fíxose tamén un musical, cuxo libreto é de Ian Finley, e que foi estreado no Burning Coal Theatre Company de Raleigh en abril de 2012.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Libro en versión orixinal na biblioteca Gutengerg.

Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1895 Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego