AM 0644-741 é unha galaxia lenticular non barrada, e é tamén unha galaxia anular, que está a 300 millóns de anos luz de distancia na constelación de Volans. O núcleo amarelado foi unha vez o centro dunha galaxia espiral normal, e o anel que rodea actualmente o centro ten uns 150.000 anos luz de diámetro. Tense teorizado con que o anel é o resultado dunha colisión con outra galaxia, o cal provocou unha interrupción gravitacional que causou que o po da galaxia se condensase e se formasen estrelas, o que obrigou a estas a expandirse cara a fóra, creando o anel. O anel é unha rexión de formación desenfreada de estrelas dominada por novas, masivas e quentes estrelas azuis. As rexións de rosa ó longo do anel son nubes difusas de hidróxeno brillante que é fluorescente, xa que é bombardeado cunha forte luz ultravioleta procedente das estrelas azuis. Modelos de simulación galáctica suxiren que o anel de AM 0644-741 seguirase expandindo durante preto doutros 300 millóns de anos, despois do cal comezará a desintegrarse.
Notas
Categoría:Galaxias anulares Categoría:Galaxias lenticulares Categoría:Constelación de Volans