A dos antilopinos (Antilopinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes pertencente á familia dos bóvidos.Antilopinae en MSW.Antilopinae Gray, 1821 no ITIS.
Inclúe varios xéneros con numerosas especies de antílopes e gacelas, na súa maior parte presentes no continente africano.
Características xerais Os antilopinos son antílopes de pequeno a mediano tamaño que viven en África e Asia, sobre todo en hábitats abertos e secos. As características comúns dos compoñentes deste grupo son a constitución do cranio, os dentes e os cornos. Case todas as especies teñen glándulas visíbeis diante dos ollos. É escaso o dimorfismo sexual en canto ao tamaño ou a cor da pelaxe. Nas especies máis grandes ambos os sexos adoito presentan cornos, e o comportamento social é polixínico, formando rabaños cun só macho e numerosas femias. Nas especies máis pequenas, que moitos autores adoitan chamar antílopes ananos, xeralmente só os machos presentan cornos, que son curtos, paralelos e rematados en punta; nestes animais predomina un comportamento social monógamo.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi creada en 1821 polo zoólogo británico John Edward Gray, na súa obra "On the natural arrangement of Vertebrose Animals" publicada na revista London Medical Repository 15: 296–310.
Etimoloxía O nome da subfamilia deriva do nome do seu xénero tipo, Antilope, e a desinencia do latín científico -ínae, propia dos nomes das subfamilias de animais. (Véxase a etimoloxía do xénero Antilope na páxina Antílopes).
Xéneros Non hai unanimidade sobre cales son os xéneros que comprende esta familia. miniatura|150px|Eudorcas thomsoni miniatura|150px|Gazella dorcas
Segundo MSW, de Wilson e Reeder, a subfamilia Antilopinae integra os seguintes xéneros:
Antilopinae
Ammodorcas Thomas, 1891 Antidorcas Sundevall, 1847 Antilope Pallas, 1766 Dorcatragus Noack, 1894 Eudorcas Fitzinger, 1869Non recoñecido polo SIIT, que sitúa as súas especies en Gazella. Gazella Blainville, 1816 Litocranius Kohl, 1886 Madoqua Ogilby, 1837 Nanger Lataste, 1885Non recoñecido polo SIIT, que sitúa as súas especies en Gazella. Neotragus Hamilton Smith, 1827 Oreotragus A. Smith, 1834 Ourebia Laurillard, 1842 Procapra Hodgson, 1846 Raphicerus Hamilton Smith, 1827 Saiga Gray, 1843
Porén, segundo o SIIT, serían os seguintes: Antilopinae
Ammodorcas Thomas, 1891 Antidorcas Sundevall, 1847 Antilope Pallas, 1766 Dorcatragus Noack, 1894 Gazella Blainville, 1816 Litocranius Kohl, 1886 Madoqua Ogilby, 1837 Neotragus Hamilton Smith, 1827 Oreotragus A. Smith, 1834 Ourebia Laurillard, 1842 Pantholops Hodgson, 1834Situado nos caprinos por MSW. Procapra Hodgson, 1846 Raphicerus Hamilton Smith, 1827 Saiga Gray, 1843
Filoxenia Investigacións recentes (2013) efectuadas por Bärmann et al. permitíronlles establecer as seguintes relacións filoxenéticas entre moitos dos xéneros da subfamilia dos antilopinos (que agruparon na tribo dos Antilopini).Eva Verena Bärmann, Gertrud Elisabeth Rössner and Gert Wörheide (2013): "A revised phylogeny of Antilopini (Bovidae, Artiodactyla) using combined mitochondrial and nuclear genes". Molecular Phylogenetics and Evolution 67 (2): 484–493.
A clasificación dos antilopinos está en continua revisión, e non todos os taxonomistas están de acordo con esta visión; moitos subdividen a subfamilia en tres tribos, incluíndo o xénero Ammodorcas na tribo dos Antilopini, separan o xénero Saiga na tribo dos Saigini (no que tamén inclúen o xénero Pantholops), e sitúan os xéneros Dorcatragus, Madoqua, Neotragus, Oreotragus, Ourebia e Raphicerus na tribo dos Neotragini. (Véxanse os artigos Antilopini, Saigini e Neotragini).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Groves, C. & Grubb, P. (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Groves, C. P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". In: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4. Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Bóvidos Antílope
Ligazóns externas Antilopinae en Tree of Life . Antilopinae en MSW. Antilopinae no SIIT. Antilopinae en ADW. Antilopinae no NCBI.
Categoría:Bóvidos Categoría:Antílopes