Arturo Rodríguez Sieiro foi un médico e político galego.

Traxectoria Médico no Carballiño. Na ditadura de Primo de Rivera foi membro da Comisión organizadora do Somatén polo distrito do Carballiño. Na Segunda República militou no Partido Radical, foi nomeado membro da Comisión Xestora da Deputación de Ourense en febreiro de 1934 e elixido presidente o día 11 de febreiroLa Zarpa, 13-2-1934, p. 1. Permaneceu no cargo até xaneiro de 1936. En outubro de 1934 foi nomeado concelleiro e Primeiro tenente-alcalde do Carballiño na corporación que presidiu Amancio Paradela MoureEl Pueblo Gallego, 18-10-1934, p. 12..

Vida persoal Casou con Pura Rodríguez Campos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Os Presidentes da Deputación

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Concelleiros do Carballiño Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes