A igrexa de Nosa Señora da Asunción é un templo de culto católico que se atopa na parte máis alta de Castrillo de Duero (Valladolid).

Descrición miniatura|Altar maior da igrexa da Asunción, coas pinturas ó fresco. Trátase dunha edificación construída na segunda metade do século XII, aínda que soamente conserva deste período a cabeceira románica, pertencendo o resto do templo ó barroco. Dita cabeceira, rectangular no exterior e semicircular no interior, ten dúas fiestras. As tres naves que compoñen o templo atópanse divididas por piares que sosteñen arcos de medio punto.

Súa fábrica é de pedra, posúe bóvedas de canón e destaca o cruceiro con cúpula e lanterna, proxectada ó exterior cun chapitel.

O retablo maior, de estilo rococó, foi realizado polo escultor Roque Muñoz entre 1602 e 1605. Desmontándoo do seu lugar orixinal tras unha restauración na que apareceron pinturas ó fresco no altar maior, albergando na súa fornela central unha imaxe da Asunción da Virxe de finais do século XVIII.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Concello de Castrillo de Duero: Igrexa da Asunción , consultado o 4 de novembro de 2012.

Categoría:Igrexas da provincia de Valladolid Categoría:Igrexas románicas de España Categoría:Igrexas barrocas de España Categoría:Igrexas católicas de España Castrillo de Duero