Andrei Sheptytskyi (en ), nado o 29 de xullo de 1865 en Prylbychi (entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, actual Ucraína) e finado o 1 de novembro de 1944 en Lviv, foi arcebispo de Lviv e metropolita de Galicia, e primado da Igrexa católica bizantina ucraína entre 1900 e 1944. Traxectoria Roman Mariia Aleksandr Sheptytskyi naceu o 29 de xullo de 1865 en Prylbychi, unha vila do distrito de Yavoriv, entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria, no Imperio Austríaco. A súa familia era da nobreza católica polaca, aínda que tamén con ascendencia ortodoxa ucraína.
Sheptytskyi estudou Leis en Cracovia e Wrocław, doutorándose en 1888, e posteriormente entrou nun mosteiro basiliano, tomando o nome monástico de Andrei. O 28 de agosto de 1892 foi ordenado sacerdote da Orde de San Basilio Magno, e continuou a estudar Teoloxía cos xesuítas en Cracovia, doutorándose en 1894.
O 19 de xuño de 1899 foi nomeado bispo de Ivano-Frankivsk. Recibiu a consagración episcopal o 17 de setembro de mans do arcebispo de Lviv Yulian Sas-Kuilovskyi, sendo os co-consagradores principais Kostiantyn Chekhovych, bispo de Przemyśl, e Joseph Weber, bispo auxiliar de Lviv.
O 31 de outubro de 1900 foi elixido para dirixir a Igrexa Católica Bizantina Ucraína, sendo confirmado o 17 de decembro de 1900 como arcebispo de Lviv e metropolita de Galicia.
Durante a primeira guerra mundial foi arrestado polos rusos por mor da súa nacionalidade austro-húngara, até que foi liberado en 1918 como consecuencia da revolución soviética.
Finou en Lviv o 4 de novembro de 1944. Proceso de canonización O proceso informativo para a posible canonización de Sheptytskyi comezou en 1958 e rematou en 1968. O 16 de xullo de 2015 foi declarado venerable polo papa Francisco.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Artigo en Internet Encyclopedia of Ukraine
Categoría:Nados en 1865 Categoría:Nados no distrito de Yavoriv, rexión de Lviv Categoría:Arcebispos católicos de Ucraína Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Finados en 1944 Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Relixiosos católicos de Ucraína Categoría:Venerados pola Igrexa católica