The Presidents of the United States of America, tamén coñecidos como PUSA, The Presidents ou Pot USA, foi unha banda estadounidense de rock alternativo . O grupo formouse en Seattle, Washington no ano 1993 e separouse en 2016. A súa derradeira formación estaba composta polo vocalista e "baixitarrista" Chris Ballew, o batería e vocalista Jason Finn e o "guitaxista" e vocalista Andrew McKeag. O "guitaxista" e vocalista Dave Dederer foi membro da banda durante 11 anos e deixouna en 2004. A banda publicou seis álbums de estudio dende a súa formación en 1993. O 14 de febreiro de 2014 editaron o seu último traballo, Kudos to You!.
Discografía Álbum Ano Selo The Presidents of the United States of America 1995 PopLlama II 1996 Columbia Records Freaked Out and Small 2000 MUSICBLITZ Records Love Everybody 2004 PUSA Inc. These Are the Good Times People 2008 Fugitive Recordings, Tooth & Nail Kudos to You! 2014 PUSA Inc., Burnside Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Seattle, Washington Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1993