A Igrexa de San Martiño de Cogeces de Íscar é un templo católico que se atopa na localidade de Cogeces de Íscar (provincia de Valladolid). Está declarado Ben de Interese Cultural.
Características É de estilo gótico e foi modificada nos século XVI e XVII. A parte máis antiga é a do muro sur onde se atopa unha portada gótica de calidade con arquivoltas de dentes de serra e mediacanas. Consta dunha soa nave pechada con bóveda de canón e adornada con xeseiras barrocas. O edificio ten unha torre situada ós pés; accédese ós pisos superiores por unha escaleira de caracol exterior.José Carlos Brasas Egido. Antigo partido xudicial de Olmedo. Tomo X. Catálogo Monumental da provincia de Valladolid. Edita Deputación provincial de Valladolid, 1975. Edición: 2000 (facsímile da 1ª edición de 1977). ISBN 84-500-2143-X.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Igrexas da provincia de Valladolid Categoría:Bens de Interese Cultural de Castela e León Cogeces