La Paz foi un periódico editado en Lugo entre 1869 e 1873.
Historia e características Subtitulado Periódico político y literario, apareceu o 1 de xaneiro de 1869. Quincenal, aparecía os días 1 e 15. Os martes, xoves e sábados daba un suplemento coas noticias recibidas por correo e as da localidade. En cuberta publicaba artigos de variedades. Periódico católico e carlista, fundado e dirixido por Manuel Soto Freire. Foi apercibido con suspensión, multado e pechado definitivamente por orde gobernativa en outubro de 1873.Soto (1997), p. 20
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1869 en Galicia Categoría:Prensa católica Categoría:Prensa carlista