Winter's Bone é un filme independente estadounidense dirixido e escrito por Debra Granik que se estreou no 2010. Baséase na novela homónima de Daniel Woodrell. Está protagonizado por Jennifer Lawrence, que interpreta a unha adolescente dunha zona rural dos Estados Unidos, que para protexer a súa familia, debe atopar ó seu pai desaparecido.

Sinopse Ree Dolly (Lawrence) vive nunha zona rural dos montes de Missouri. É unha rapaza de 17 anos que ten que facerse cargo da súa familia nunha situación de estrema precariedade. O seu pai Jessup, tras saír do cárcere en liberdade condicional, desapareceu de súpeto, e se non aparece, en poucos días perderán a casa onde Ree vive coa súa nai enferma e os seus dous irmáns máis novos. Atopar ó seu pai convértese entón para a moza nunha cuestión vital.

Personaxes Jennifer Lawrence como Ree Dolly John Hawkes como Teardrop Dolly Lauren Sweetser como Gail Garret Dillahunt como Sheriff Baskin Dale Dickey como Merab Shelley Waggener como Sonya Kevin Breznahan como Little Arthur Ashlee Thompson como Ashlee Dolly Tate Taylor como Satterfield Sheryl Lee como April Cody Shiloh Brown como Floyd Isaiah Stone como Sonny Dolly

Galardóns e nomeamentos 2010: 83ª edición dos Oscar: 4 nomeamentos, incluíndo mellor filme e actriz (Jennifer Lawrence). 2010: Sundance: Gran Premio do Xurado, Mellor guión. 2010: NBR - Asociación de Críticos Norteamericanos: 2 premios. 2010: Gotham Awards: Mellor filme, mellor elenco de actores. 3 nomeamentos. 2010: 2 Independent Spirit Awards: Mellor actor sec w actriz sec. 7 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 2010: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Finalista a mellor actriz (Jennifer Lawrence). 2010: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do ano. 2011: Premios Guldbagge (Suecia): Nomeado a mellor filme estranxeiro. 2010: 4 nomeamentos Critics' Choice Awards, incluíndo mellor filme e actriz. 2010: Asociación de Críticos de Chicago: Mellor Intérprete revelación. 6 nomeamentos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Missouri Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais