"Leave Me Alone" é unha canción do artista estadounidense Michael Jackson. A canción forma parte do sétimo álbum de estudio de Jackson, Bad, e foi o oitavo sinxelo extraído do álbum, mais non foi lanzado nin nos Estados Unidos nin no Canadá. "Leave Me Alone" foi gravada durante as sesións orixinais do álbum, pero a canción só aparece nas edicións en CD de Bad como un bonus track, así como nas versións en casete de 2001. Foi escrita e composta por Jackson e producida por Quincy Jones (con coprodución de Jackson).

Internacionalmente, a canción foi un éxito, acadando o número un e dous en Irlanda e no Reino Unido respectivamente. Colocouse no "top 10" en Bélxica, Nova Zelandia e España. "Leave Me Alone" foi ben acollida pola crítica musical.

Notas

Categoría:Sinxelos de 1989 Categoría:Cancións de Michael Jackson