A lingua minangkabau (autónimo: Baso Minang(kabau); ) é unha lingua austronesia falada polo pobo Minangkabau de Sumatra Occidental, a parte occidental de Riau, Jambi e Bengkulu. Tamén é falada en varias cidades de Indonesia por migrantes minangkabau.Kajian Serba Lingustik : Untuk Anton Moeliono Pereksa Bahasa (2000) Tamén é unha lingua franca ó longo da rexión costeira occidental da provincia de Sumatra Setentrional, e mesmo é empregada en partes de Aceh, onde é chamada Aneuk Jamee. Por outra banda, é falada nalgunhas partes de Malaisia, especialmente en Negeri Sembilan.

Debido ás grandes semellanzas entre a lingua minangkabau e o malaio, existe controversia sobre da relación entre ambas. Algúns consideran o minangkabau como un dialecto do malaio, mentres que outros consíderana como unha lingua de seu.

Malaisia Ademais de Indonesia, o minangkabau é falado tamén en Malaisia por algúns descendentes de inmigrantes das rexións que falan esta lingua en Sumatra (Ranah Minang, Tanah Minang, o a Terra do Minang). Un significativo número dos primeiros inmigrantes establecéronse no que hoxe é o estado malaio de Negeri Sembilan; este dialecto de Negeri Sembilan é coñecido como Bahaso Nogori ou Baso Nogoghi. Os inmigrantes máis recentes son coñecidos como minang.

Dialectos A lingua minangkabau ten varios dialectos, que algunhas veces difiren entre localidades achegadas (por exemplo, separadas por un río). Os dialectos son: Rao Mapat Tunggul, Muaro Sungai Lolo, Payakumbuh, Pangkalan-Lubuk Alai, Agam-Tanah Datar, Pancungsoal, Kotobaru, Sungai Bendung Air e Karanganyar.Nadra, Reniwati, and Efri Yades, Daerah Asal dan Arah Migrasi Orang Minangkabau di Provinsi Jambi Berdasarkan Kajian Variasi Dialektikal (2008) Na comunicación diaria entre os minangkabau de diferentes rexioóns, o dialecto Agam-Tanah Datar (Baso Padang ou Baso Urang Awak, «a lingua do noso pobo») é empregada acotío e converteuse nunha sorte de lingua estándar.

A lingua tapan, falada na vila de Tapan, no sur da provincia de Sumatra Occidental, é unha lingua malaia recentemente descuberta que foi proposta como relacionada co minangkabau. Xuntas, o tapan e o minangkabau poderían formar o gran subgrupo minangkabau.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en minangkabau Bibliografía Nurlela Adnan, Ermitati, Rosnida M. Nur, Pusat Bahasa (Indonesia), Balai Pustaka (Persero), PT. 2001 - Indonesian-Minangkabau dictionary (Kamus bahasa Indonesia-Minangkabau), 841 pages. Tata Bahasa Minangkabau, Gerard Moussay (título orixinal La Langue Minangkabau, traducido do Rahayu S. Hidayat), ISBN 979-9023-16-5.

Categoría:Linguas malaio-polinesias Categoría:Linguas de Indonesia Categoría:Linguas de Malaisia Categoría:Linguas aglutinantes