Jesús Castro Yáñez, nado en Baltar (Pastoriza), o 2 de abril de 1992, é un poeta e odontólogo galego.

Traxectoria Comezou a súa traxectoria literia moi mozo e con só 17 anos gañou o premio Minerva de poesía. Tres anos despois gañou o II Premio de poesía Díaz Jácome (2012) e, a partir de aí, obtivo mencións noutros certames coma o Xela Arias ou o Ánxel Casal. En 2015 acadou o I Premio de Relato Breve Nélida Piñón do Concello de Cotobade, co relato “O vello e o minotauro”“O vello e o minotauro” gaña o primeiro premio de relato breve “Nélida Piñón” e o Premio nacional de poesía Pérez Parallé con Os nomes e os himnos.

Ten publicado poemas en revistas como Dorna ou Obituario Magazine. É autor da plaquette bilingüe Spike-and-wave (Nanoediciones, 2014).http://nanoediciones.com/?p=1342 No 2017 publicou en inglés /\/\/\ dentro do proxecto Poetry Will be Made by All, en formato dixital e impreso,http://poetrywillbemadebyall.com/book/2405/ e Ultramarino (Chan da Pólvora). En 2018 colaborou na revista Ligeia.

Formou parte da diversos obradoiros de tradución poética internacionais e ten participado en abondosos festivais e ciclos de poesía, como é o caso de Marpoética, Poetas Di(n)versos, VERSUD, Živa književnost, Alguén que respira! ou Bray Lit Fest.

Obras Poesía Os nomes e os himnos (2016). Espiral Maior. 72 páxs. ISBN 978-84-92646-96-8.

/\/\/\ (2017). 89Plus and LUMA Foundation.http://poetrywillbemadebyall.com/book/2405/

Ultramarino (2017). Chan da Pólvora. ISBN 9788494769849.

Os límites da miña lingua son os límites do meu mundo – The limits of my language, are the limits of my World, con Grace Wells e traducións de Andrés Catalán, Isaac Xubín e Keith Payne. miniatura|Presentando Outroutro con Branca Trigo na Libraría Paz de PontevedraOutroutro (2025). Chan da Pólvora. ISBN 978-84-129324-1-6.

Obras colectivas Obituario (Fundación Málaga, 2015). No seu despregar (Apiario, 2016). Poesía.

13. Antoloxía da poesía galega próxima (ed. bilingüe, Chan da Pólvora / papeles mínimos, 2017). Poesía. Ανθολογία Νέων Γαλικιανών Ποιητών/Antoloxía De Poesía Galega Nova (Vakxikon, 2019). Poesía. Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza (Através Editora, 2020). Árboles frutales (Editorial Dieciséis, 2021). Poesía.

Narrativa O vello e o minotauro (2015). Deputación de Pontevedra. Relato curto.http://jesuscastroyanez.tumblr.com/o-vello-e-o-minotauro Infanto-xuvenil O meu amigo Federico (2023). Triqueta editora. Ilustracións de Iván R. Tradución castelá: Mi amigo Federico; tradución catalá de Eduard Velasco: El meu amic Federico. Narrativa. Tradución Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe (2021). Sushi Books. Escolma e tradución de poesía. Tan puro, de Sor Juana Inés de la Cruz (2021). Chan da Pólvora, colección Rabo de Egua. Antropoloxía da auga, de Anne Carson (2023). Chan da Pólvora. Autobiografía do vermello, de Anne Carson (2025). Noudelo e Ribón.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Web do autor

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pastoriza Categoría:Nados en 1992 Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego