Luis Alberto Scola Balvoa, nado o 30 de abril de 1980 en Buenos Aires, é un ex xogador arxentino de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional Scola comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Ferro Carril Oeste de Buenos Aires. Fixo o seu debut coma profesional durante a tempada 1995-96. Tras a tempada 1997-98, Scola fichou polo Saski Baskonia da Liga ACB. As dúas primeiras tempadas as pasou cedido no Gijón Baloncesto, equipo ó que axudou a conseguir o ascenso á ACB na tempada 1998-99. Durante as súas sete tempadas no Baskonia, conseguiu unha Liga ACB en 2002, 3 Copas do Rei en 2002, 2004 e 2006, e 3 Supercopas de España en 2005, 2006 e 2007.
O 12 de xullo de 2007, os San Antonio Spurs, equipo que escollera a Scola no Draft da NBA de 2002, traspasou os dereitos do xogador ós Houston Rockets xunto a Jackie Butler, a cambio de Vassilis Spanoulis e unha futura elección da segunda rolda do Draft. Scola asinou un contrato de 3 anos e 9.5 millóns de dólares cos Rockets.
O 15 de xullo de 2012, Scola asinou cos Phoenix Suns dous días despois de que os Rockets aplicaran a cláusula de amnistía sobre o xogador.Young, Royce. (15 de xullo de 2012) Suns claim Luis Scola off waiver wire, amnesty Josh Childress. CBSSports.com.
O 27 de xullo de 2013, os Suns traspasaron a Scola ós Indiana Pacers a cambio de Gerald Green, Miles Plumlee e unha futura elección da primeira rolda do Draft.
Estatísticas NBA Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2007–08 Houston 82 24.7 .515 .000 .668 6.4 1.3 0.7 0.2 10.3 2008–09 Houston 82 30.3 .531 .000 .760 8.8 1.5 0.8 0.1 12.7 2009–10 Houston 82 32.6 .514 .200 .779 8.6 2.1 0.8 0.3 16.2 2010–11 Houston 74 32.6 .504 .000 .738 8.2 2.5 0.6 0.6 18.3 2011–12 Houston 66 31.3 .491 .000 .773 6.5 2.1 0.5 0.4 15.5 2012–13 Phoenix 82 26.6 .473 .188 .787 6.6 2.2 0.8 0.4 12.8 2013–14 Indiana 82 17.1 .470 .143 .728 4.8 1.0 0.3 0.2 7.6 2014–15 Indiana 81 20.5 .467 .250 .699 6.5 1.3 0.6 0.2 9.4 2015–16 Toronto 76 21.5 .450 .404 .726 4.7 0.9 0.6 0.4 8.7 2016–17 Brooklyn 36 12.8 .470 .340 .676 3.9 1.0 0.4 0.1 5.1 Total 743 25.6 .493 .339 .740 6.7 1.6 0.6 0.3 12.0
Playoffs Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2008 Houston 6 36.7 .448 .000 .686 9.3 1.3 0.7 0.2 14.0 2009 Houston 13 32.6 .494 .000 .673 8.4 1.8 0.5 0.2 14.4 2014 Indiana 17 13.9 .465 .333 .591 2.5 0.5 0.4 0.2 6.4 2016 Toronto 11 12.7 .258 .190 .727 1.6 0.6 0.3 0.0 2.5 Total 36 24.4 .475 .25 .66 5.8 1.1 0.5 0.2 10.5
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos da Arxentina Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do Gijón Baloncesto Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores do Pallacanestro Varese Categoría:Xogadores da selección de baloncesto da Arxentina Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos de bronce pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto