miniatura|Casa Museo Rosalía de Castro.
Unha casa museo é un museo adicado á vida e obra dunha personalidade, situado na casa onde naceu, morreu ou pasou parte da súa vida.
Características As casas museo teñen o interese de amosar as obras e obxectos utilizados por unha persoa no contorno en que se desenvolveu a súa existencia. Adoitan conservar parte do mobiliario e obxectos decorativos da época do personaxe, que recrean as condicións de vida e os costumes do momento. Amais, expóñense obxectos persoais como correspondencia, pezas de vestir, debuxos ou a biblioteca persoal, así como obxectos reunidos pola persoa como parte da súa colección privada.
A creación dunha casa museo pode deberse ben á doazón do edificio por parte dos seus descendentes, ou ben pola compra por parte dunha institución pública para convertela en espazo de exposición, recordo e homenaxe. En ocasións lévanse a cabo obras de remodelación para transformar a vivenda en museo, con reconstrucións para recrear o aspecto que tivo nunha época determinada.
Casas museo en Galicia dereita|miniatura|Casa museo de Picasso na Coruña. dereita|miniatura|Casa museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo. Persoeiro Casa museo LugarEmilia Pardo BazánCasa-Museo Emilia Pardo BazánA CoruñaSantiago Casares QuirogaCasa Museo Casares QuirogaA CoruñaMaría PitaCasa Museo de María PitaA CoruñaPablo PicassoCasa Museo PicassoA CoruñaRosalía de CastroCasa Museo Rosalía de CastroA Matanza (Iria Flavia, Padrón)Ramón Otero PedrayoCasa Museo de Otero Pedrayo (d) Trasalba (Amoeiro)Víctor CorralCasa Museo de Víctor Corral (d) Baamonde (Begonte)Manuel AntonioCasa Museo de Manuel AntonioRianxoWenceslao Fernández FlórezVilla FlorentinaCecebre (Cambre)Vicente RiscoCasa Museo de Vicente Risco (d) AllarizCristovo ColónCasa Museo de ColónPortosanto (San Salvador de Poio, Poio)Manuel MaríaCasa Museo de Manuel María Outeiro de ReiRamón María del Valle-InclánCasa Museo de Valle-InclánVilanova de ArousaUxío NovoneyraCasa Museo de Uxío NovoneyraParada (Seoane do Courel, Folgoso do Courel)Eduardo PondalCasa Museo de Eduardo PondalPontecesoCamilo José CelaCasa Museo de Camilo José Cela (d) Iria Flavia (Padrón)Ramón María AllerCasa Museo de Ramón AllerLalínÁlvaro CunqueiroCasa Museo de Álvaro CunqueiroCasa Museo de Álvaro Cunqueiro, páxina web. (d) MondoñedoRamón CaamañoCasa Museo Ramón CaamañoMuxíaJulio Camba e Francisco Camba Casa Museo Irmáns CambaVilanova de ArousaDiego de GiráldezCasa Museo Diego GiráldezCasa Museo Diego de Giráldez A CanizaRamón CabanillasCasa Museo Ramón CabanillasCasa Museo Ramón CabanillasCambadosMaría Antonia Dans Casa Museo María Antonia DansCurtis
Notas
Categoría:Casas museo