Sergei Pavlovich Diagilev (en ), nado o 31 de marzo de 1872 en Selichtchi (Gobernación de Novgorod, Imperio Ruso) e finado o 19 de agosto de 1929 en Venecia (Reino de Italia), foi un crítico de arte, mecenas e empresario de ballet ruso, fundador dos Ballets Russes, de onde xurdiron moitos famosos bailaríns e coreógrafos, marcando un antes e un despois na danza clásica. É considerado unha das personalidades máis importantes da historia do ballet.
O xenio de Diagilev e o seu extraordinario coñecemento de todas as artes levárono a descubrir e inspirar o xenio dos demais e facilitou a colaboración cos artistas que descubriu. O seu aprecio á nova e distintiva modernidade fíxoo capaz de axudar a dar forma a unha nova arte para un novo século.
Aínda que Diagilev reformou o ballet europeo, a súa compañía estivo frecuentemente próxima á bancarrota. A pesar do éxito que tivo na súa Rusia natal, Diagilev non regresou ao seu país despois da revolución de 1917 e os seus Ballets Russes nunca actuaron en Rusia. Conseguiu anticiparse ao que querían os públicos con ballets curtos en lugar de longos espectáculos de danza.
Traxectoria Primeiros anos Sergei Diagilev naceu o 31 de marzo de 1872 no seo dunha familia acomodada. Fillo do xeneral de cabalería e destilador de licor Pavel Pavlovich e unha muller nobre chamada Evgeniia Diagileva (Evreinova de nacemento). A súa nai morreu durante o parto,Dependendo das fontes, a súa nai morreu durante o parto ou uns días despois. Scheijen (2010), p. 8 e dous anos máis tarde seu pai casou con Elena Valerianovna Panaeva, que procedía dunha familia cultural, polo que foi criado e influenciado pola súa madrasta, quen alentou as súas sensibilidades artísticas e coa que tivo unha estreita relación. Diagilev recibiu clases de piano cando estudaba na escola e tamén amosou un don para a composición.Joan Acocella, "The Showman," The New Yorker, 20 de setembro de 2010, p. 112.Sjeng (2010), p. 13-14 A pesar de que do matrimonio de Pavel con Yelena naceron dous nenos máis (Valentin e Yury), semella que Sergei era o favorito de Yelena.Sjeng (2010), p. 15
A familia vivía en Perm, mais contaban cun apartamento en San Petersburgo e unha casa de campo en Bikbarda (cerca de Perm).<ref>Joan Acocella, "The Showman," The New Yorker, 20 de setembro de 2010, p. 113.</ref> A familia tentou levar a grande actividade musical da capital imperial a Perm, de feito a asistencia da familia dos Diagilev a reunións musicais en San Petersburgo era frecuente. Nestas reunións participaban músicos profesionais e afeccionados, destacando a presenza de Alexandra 'Tatusha' Panayeva-Kartseva, irmá de Yelena e cantante de éxito que actuara en Francia e Italia, e que casou cun sobriño de Petr Ilich Chaikovskii. Posteriormente Sergei lembraría as súas visitas á casa que o compositor tiña en Klin, unha pequena cidade ao norte de Moscova. Na casa dos Diagilev vivíase polo tanto un grande ambiente cultural, descrito por un dos compañeiros de clase de Sergei como:Sjeng (2010), p. 21
Estudos en San Petersburgo 200px|miniatura|Retrato de Diagilev pintado por Konstantin Somov en 1893. En 1890 a súa familia declarouse en bancarrota, perdendo todas as súas propiedades. Foi nesta época cando Diagilev ingresou na facultade de dereito na Universidade de San Petersburgo para prepararse para emprender unha carreira na administración pública como moitos outros mozos rusos da súa clase. Diagilev pronto descubriu que tiña pouco interese nas leis, sen dúbida moito menor do que tivo pola música ao longo de toda a súa vida, polo que se introduciu (a través do seu primo Dmitri Filosofov, co que mantivo unha relación durante 15 anos) nun grupo de artistas e intelectuais, entre os que había escritores, músicos e pintores, que se chamaron a si mesmos Nevsky Pickwickians, cuxo membro máis influente foi Alexandre Benois, e entre os que tamén figuraban Léon Bakst, Walter Nouvel e Konstantin Somov.Garofala (1998), p. 150.Stephen Walsh. Stravinsky: A Creative Spring. (New York: Alfred A. Knopf, 1999). p. 129.
Aínda que dende neno Diagilev estivera apaixonadamente interesado pola música, a súa ambición por converterse en compositor foi interrompida cando en 1894 Nikolai Rimskii-Korsakov lle dixo que non tiña talento.Garofala (1998), p. 438, n. 7. Con todo, a súa relación coas artes continuou, mais agora centrada na escritura sobre a arte cunha perspectiva innovadora e pouco convencional. Diagilev conseguiu involucrar a un grupo de figuras da cultura, culminando en 1899 co lanzamento da revista Mir Isskustva ("Mundo da Arte") co apoio financeiro de Savva Mamontov (o director da Compañía Privada de Ópera Rusa) e a Princesa María Tenisheva.Richard Taruskin, Stravinsky and the Russian Traditions (Oxford University Press, 1996), p. 493. Ese mesmo ano foi nomeado asesor artístico do Teatro Mariinski, e a súa reputación levouno ao cargo de editor en xefe dos teatros imperiais entre 1900 e 1901, ano no que renunciou ao cargo. En 1900–1901 Serge Volkonsky confiou en Diagilev para a posta en escena do ballet de Léo Delibes Sylvia, un dos favoritos de Benois. Os dous colaboradores inventaron un elaborado plan de produción que sobresaltou ao persoal dos Teatros Imperiais. Logo de varias diferenzas de opinións antagónicas, Diagilev no seu xeito demostrativo rexeitou ir na edición do Anuario dos Teatros Imperiais e foi despedido por Volkonsky en 1901.Prince Serge Volkonsky. My reminiscences (en Ruso)
En 1904 deixouse de publicar a revista e Diagilev concentrouse na organización de exposicións de arte rusa en San Petersburgo. Ese mesmo ano gañou o Gran Premio Uvarov grazas ao estudo sobre o pintor Dmitri Levitzky. Ao ano seguinte, Diagilev presentou a París a súa Exposición de Arte Ruso coa que triunfara na capital imperial, que culminou coa produción da ópera de Musorgskii Boris Godunov. Uns anos despois, en 1908, levou á capital francesa unha produción de Boris Godunov co famoso cantante Fiodor Chaliapin, e ao ano seguinte levou unha tempada de ópera e ballet cos mellores bailaríns do Mariinski.
Ballets Russes
miniatura|esquerda|275px|Grupo de partidarios e integrantes dos Ballets Russes. De esquerda a dereita, con sombreiro Botkine, Pavel Koribut-Kubitovitch, Tamara Karsavina, Vatslav Nizhinskii, Igor Stravinskii, Alexandre Benois, Sergei Diagilev, K Harris. Diante, Alexandra Vassilieva. Tomada en 1911, tres días antes da estrea de Spectre de la rose. O último vehículo para o seu xenio proteico naceu o 19 de maio de 1909 na Ópera de París, eran os Ballets Russes, unha compañía de ballet na que se agruparon algúns dos mellores bailaríns da historia como Anna Pavlova ou Vatslav Nizhinskii. Ata aquela, as compañías de ballet independentes eran case inauditas, xa que a maior parte delas formaban parte das compañías de ópera, ou eran subvencionadas polos poderes gobernantes. Cando Diagilev decidiu levar unha pequena compañía de bailaríns a París o fixo levando á grande estrela da ópera Fiodor Chaliapin para compartir o programa. A tarefa non estivo exenta de complicacións, xa que o empresario tivo que conseguir cartos suficientes para o proxecto, e despois da primeira tempada tivo que conseguir máis cartos para que os bailaríns regresaran a Rusia antes de que a súa tempada comezase. Inicialmente con coreografía de Michel Fokine e cos deseños durante moito tempo realizados por Léon Bakst, a primeira tempada dos Ballets Russes tivo lugar no Théâtre du Châtelet entre o 18 de maio e o 18 de xuño dese mesmo ano, e dende aquela todos os anos por esas datas a compañía volveu a París. A compañía creada por Diagilev non só destacou pola calidade dos seus bailaríns, senón que contou cunha música sorprendentemente moderna, innovadoras coreografías, escenografías eróticas e deseños de escena sorprendentemente orixinais.
Despois da primeira tempada dos Ballets Russes, Diagilev regresou a Rusia despois dunhas pequenas vacacións. A pesar de que no seu país natal lle esperaba unha benvida triunfal, esta viuse ensombrecida polas débedas acumuladas pola compañía. En xuño de 1910 comezou a segunda tempada dos Ballets Russes, na que a compañía contou coa presenza de Enrico Cecchetti como mestre de baile, conseguindo que os bailaríns de Diagilev mantiveran unha perfecta forma física.Markessinis, p. 201
En 1911 os Ballets Russes convertéronse nunha compañía permanente, sendo chamados agora "Ballets de Serge Diagilev", e iniciaron as súas xiras internacionais.Markessinis, pp. 203-204 Foi durante unha destas xiras, o 19 de setembro de 1913, cando Nizhinskii casou con Romola de Pulszky. A vodat tivo lugar mentres os Ballets Russes estaban de xira sen Diagilev en Suramérica. Diagilev desgustouse e enfureceu cando se decatou de que o seu amante casara, e despediu a Nizhinskii. Entón Diagilev viuse obrigado a volver contratar a Fokine, que dimitira en 1912 porque Nizhinskii pedira coreografar Faune. Fokine puxo como condición ao seu contrato que non se levara a cabo ningunha coreografía de Nizhinskii.Buckle, p. 268 Logo da ruptura con Nizhinskii, Diagilev descubriu talento de Léonide Massine, que pronto se converteu na grande estrela dos Ballets Russes e no principal coreógrafo da compañía.
Despois da Revolución Rusa de 1917, Diagilev permaneceu no estranxeiro. O novo réxime soviético, unha vez que se fixo evidente que non regresaría, condenouno a perpetuidade como un exemplo especialmente insidioso da decadencia burguesa. Os historiadores de arte soviéticos mantivérono no esquecemento durante máis de 60 anos.Clive James, Cultural Amnesia (W. W. Norton & Sons, 2007), p. 169. Durante este período, Diagilev exerceu a súa influencia en numerosos campos da arte, mais sobre todo nas artes escénicas. Fixo un chamamento a Sonia Delaunay, Robert Delaunay, para a recuperación en 1918 do ballet Cléopâtre.
Morte miniatura|Tumba de Diagilev na sección ortodoxa do cemiterio de San Michele (Venecia, Italia). A saúde de Diagilev empeorara nos últimos tempos. A diabetes que padecía empeorou e o empresario perdeu o gusto pola vida a pesar do romance que mantiña co bailarín e coreógrafo francés de orixe ucraína Serge Lifar.
Vladimir Fedorovski narrou os días anteriores á morte de Diagilev, sinalando que Lifar pasados cinco anos xa amaba ao empresario e se alarmou cando o seu amante lle pediu que cambiara a posición da súa cama de enfermo, o que era signo de morte inminente. O día antes da morte de Diagilev, Lifar fixo que fora un cura ortodoxo da igrexa grega e finalmente Diagilev entrou en coma.
Ao amencer do 19 de agosto de 1929 morría no cuarto do hotel no que se hospedaba en Venecia. No momento da súa morte o acompañaban na súa habitación tres persoas: Serge Lifar, o poeta, bailarín e libretista ruso Boris Kochno (os seus dous últimos amantes) e a pianista polonesa Misia Sert, quen fora dende París con Coco Chanel no iate do duque de Westminter, despois do telegrama de Diagilev: "Veñan urxente. Estou enfermo". Chanel, porén, non estivo presente cando morreu o seu amigo.
Despois da morte de Diagilev, Lifar e Kochno pasaron a disputarse o corpo sen vida, e logo dun enfrontamento entre ambos, o secretario do empresario tivo que contentarse con ocuparse do funeral xunto con Misia, mentres que o bailarín se pechou só co cadáver.
O seu corpo foi enterrado na sección ortodoxa do cemiterio da Illa de San Michele, na lagoa de Venecia.
Despois da súa morte, críticos homófobos atacaron coas súas biografías a Diagilev, louvando o seu xenio creativo, mais destacando ese "defecto profundo", referíndose á súa homosexualidade.
Vida persoal