Non confundir coa suborde dos suínos
A dos suínos (Suinae)Non confundir coa suborde do mesmo nome galego, a dos Suina. é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos que inclúe a algúns dos membros vivos da familia dos súidos e os seus parentes máis achegados, o porco doméstico e especies afíns, tales como as babirusas.
Taxonomía Varias especies extintas dos súidos clasifícanse noutras subfamilias diferentes. Porén, a clasificación dos membros extintos dos suoideos —grupo máis amplo (superfamilia) que inclúe os súidos, a familia dos pecarís (Tayassuidae) e outras especies relacionadas extintas— é controvertida e diferentes clasificacións varían no número de subfamilias dentro dos súidos e nas especids que inclúen.Grubb, 2005; McKenna and Bell, 1997, pp. 393–397; Orliac et al., 2010.
Algunhas clasificacións, como a proposta polo paleontólogo Jan van der Made en 2010, incluso exclúen dos Suinae algúns taxons existentes doos súidos, colocando estes taxa excluídos noutras subfamilias.Van der Made, 2010, p. 115.
Clasificación Na terceira edición (2005) de Mammals Species of the World, que trata só de formas recentes, Peter Grubb segue esta clasificación:Grubb, P. 2005
Subfamilia Suinae Tribo Suini Xénero Sus Tribo Potamochoerini Xénero Hylochoerus Xénero Potamochoerus Tribo Phacochoerini Xénero Phacochoerus Tribo Babyrousini Genus Babyrousa
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Grubb, P. (2005): "Order Artiodactyla". En: Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.). Mammal Species of the World: a taxonomic and geographic reference. 3rd ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press, 2 vols., 2142 pp. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 637–722. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals: Above the species level. Nova York: Columbia University Press, 631 pp. ISBN 978-0-231-11013-6. Orliac, M. J.; Antoine, P.-O. & Ducrocq, S. (2010): "Phylogenetic relationships of the Suidae (Mammalia, Cetartiodactyla): new insights on the relationships within Suoidea" Zoologica Scripta 39: 315–330. Van der Made, J. (2010): "The pigs and 'Old World peccaries' (Suidae and Palaeochoeridae, Suoidea, Artiodactyla) from the Miocene of Sandelzhausen (southern Germany): phylogeny and an updated classification of the Hyotheriinae and Palaeochoeridae" Paläontologische Zeitschrift 84': 43–121.
Outros artigos Suínos (suborde) Súidos
Ligazóns externas [http://www.cbif.gc.ca/acp/fra/siti/regarder?tsn=552361 Suinae] no SIIT. [http://animaldiversity.ummz.umich.edu/accounts/Suinae/classification/ Suinae]'' en ADW,
Categoría:Súidos Categoría:Artiodáctilos