Horizontes foi un semanario editado en Lugo entre 1932 e 1933. Historia e características Subtitulado Órgano del P.R.R.S. de Lugo, apareceu en decembro de 1932.El Compostelano, 13-12-1932, p. 2. Voceiro do Partido Republicano Radical Socialista de Lugo, entre os seus colaboradores figuraron Ánxel Fole, co pseudónimo Bacurín, e Juan Vázquez Gayoso. O último número coñecido é o 24, que corresponde ao 21 de maio de 1933.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Lugo

Categoría:1932 en Galicia