O Outeiro dos Lameiros é unha estación de arte rupestre petróglifo situada na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona), na Serra da Groba. É un conxunto formado por máis de trinta pedras con gravados en granito.

Descrición As representacións remóntanse hai uns 4000 anos. Nelas atópanse tanto motivos esquemáticos coma naturalistas, dándolle importancia ós cabalos que xa daquela pacían pola Serra da Groba. A área descubriuse en 1984 nunha zona agrícola e forestal, e acondicionouse e sinalizouse entre 2007 e 2008.

Outeiro dos Lameiros I (GA36003025): é a estación meirande, cun tamaño de 15 x 5 m. Ten 78 cuadrúpedes e diversas figuras abstractas, unha figura con seis raios curvos e círculos concéntricos.

Outeiro dos Lameiros II (GA36003020): unha pedra que ficou soterrada baixo a follaxe de eucaliptos, de 4,2 × 6,4 m. Posúe a maior concentración de esculturas reticuladas de Galicia. Outeiro dos Lameiros III (GA36003022): lousa inclinada de 5 × 3 m cuberta de círculos concéntricos e liñas curvas. Outeiro dos Lameiros IV (GA36003024): lousa de 5 × 2 m con figuras abstractas, covas e sucos profundos. Outeiro dos Lameiros V (GA36003024): Outeiro dos Lameiros VI (GA36003022): laxe de 3 × 2 m, en boa parte soterrada, con figuras en forma de anel.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Petróglifos de Galicia Categoría:Baiona