Damaliscus korrigum,Wilson, Don E. & Reeder, DeeAnn M., eds. (2005):Mammal Species of the World. coñecido vulgarmente como topi é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos alcelafinos e tribo dos alcelafininos.

É un antílope de tamaño grande estreitamente relacionado co sasabi e co damalisco de fronte branca ou bontebok, cos que comparte xénero.

Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez polo naturalista e avogado irlandés William Ogilby na revista Proc. Zool. Soc. Lond., 1836: 103.Segundo o calendario actual, o ano 1837 daquela data correspóndese co modreno 1837.

Na actualidade recoñécense as seguintes tres subespecies. Damaliscus korrigum korrigum Ogilby, 1836 Damaliscus korrigum jimela Matschie, 1892 Damaliscus korrigum topi Blaine, 1914

Nomes vulgares O nome vulgar topi, probabelmente derivado do suahili, entrou no inglés en 1894,Merriam Webster on line. e de aí pasou a outros idiomas europeos.

Este nome aplícase, ademais de a toda a especie, de forma especial ás subespecies D. k. jimela e D. k. topi, mentres que os nomes korrigum e tiang adoitan empregarse, en inglés e noutras linguas, para referirse á subespecie tipo, D. k. korrigum.topi en FineDictionary.topi en Memidex.

Características

As principais características morfolóxicas do topi son:Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 228-229. miniatura|Topis no Masai Mara. Antílope grande, coa cabeza claramente longa, pero sen a rexión frontal non alargada cara a arriba, como nos alcelafos. Altura na cruz, de 100 a 130 cm; peso, de i90 a 135 kg. As agullas (cruz) notabelmente máis altas que as ancas. Coloración xeral de parda avermellada a parda purpúrea, moi lustrosa, con manchas escuras definidas na cara, parte superior das patas dianteiras, cadeiras e coxas, e sen ningunha marca branca. A parte inferior das patas, de cor parda alaranxada clara. Cornos, presentes en ambos os sexos, grosos, anelados, en forma de lira, que xorden da fronte verticais e van curvándose lixeiramente cara a atrás a medida que se van separando, e coas puntas lixeiramente curvadas cara a arriba. As femias son similares aos machos, pero de cor lixeiramente máis clara, cos cornos máis curtos e sen tanta diferenza de altura entre a cruz e as ancas.

Bioloxía Hábitat e distribución miniatura|Topi rascando a cara no Masai mara.

Hábitat A especie vive nas sabanas abertas e zonas de bosques pouco densos, ás veces en ambientes moi secos.Estes, R. (1991): The Behavior Guide to African Mammals, Including Hoofed Mammals, Carnivores, Primates. Los Angeles: The University of California Press. pp. 142-146. Pode ser abundante ou estar ausente nunha área en particular.Kingdon, J. (1979): East African Mammals: An Atlas of Evolution in Africa, Volume 3, Part. D: Bovids. Chicago: University Chicago Press, pp. 485-501. As poboacións dispersas non permanecen durante longo tempo no mesmo lugar, e deben agruparse ou, de non facelo, corren o risco de desapareceren.

O topi é migratorio, agrupándose en mandas de até algúns centos de individuos para buscar as zonas onde o pasto é abundante.Jarman, P. J. (1974): "The social organisation of antelope in relation to their ecology". Behaviour, 48 (3/4): 215-267.

Distribución A dos topis probabelmente é a maior das poboacións de todos os mamíferos africanos. miniatura|esquerda|Topis no Serengeti. A especie ten unha área de distribución extensa e descontinua. Isto débese á especialización para habitar en certas planicies en biomas áridos ou de sabana. A caza por parte dos humanos e a destrución do seu hábitat contribuíron aínda máis ao illamento da poboación.

En 2005 os seguintes países albergaban poboacións de topi: Benín, Burkina Faso, Burundi, o Camerún, a República Centroafricana, o Chad, a República Democrática do Congo, Etiopía, Gambia, Ghana, Guinea-Bissau, Kenya, Malí, Mauritania, Níxer, Nixeria, Ruanda, Senegal, Somalia, o Sudán, Tanzania, Togo e Uganda. Porén na actualidade a especie encóntrase rexionalmente extinta en Burundi, Gambia, Guinea-Bissau, Malí, Mauritania e o Senegal.

Costumes miniatura|Grupo de topis. Os topis son moi gregarios e viven en rabaños de 15 a 30 cabezas, ás veces até varios centos de animais. En certas estacións reúnense en inmensas aglomeracións de até 12.000 individuos. Isto sucede durante as súas migracións masivas en busca de herba fresca. (En África occidental desprázanse de norte a sur durante as chuvias temperás). A miúdo xúntanse con mandas de alcelafos, ñus e cebras e, ás veces, tamén con búfalos e cobos.

Poden correr con moita rapidez, cun paso balanceante menos exaxerado que o dos alcelafos.

Alimentación

Os topis son exclusivamente herbívoros, e aprecian particularmente os prados de herba curta dalgunhas zonas semidesérticas. A miúdo comen herbas secas que non consomen outros antílopes. Aínda que beben e son especialmente dados ás chairas inundábeis extensas, poden pasar sen auga longos períodos de tempo, tan longos como duren os pastos dispoñíbeis.

Reprodución Durante a época de celo os machos establécense en terreos ben marcados, defendéndoos contra os intrusos (o que na linguaxe internacional se coñece como leks), mentres que as femias e o xoves vagan libremente ao redor.Bro-Jorgensen, J. (2003). "No peace for estrous topi cows on leks". Behavioral ecology, 14 (4): 521-525. Os machos dominantes ocupan o centro dos leks, e os subordinados a periferia dos mesmos.Bro-Jørgensen, J., Durant, S. (2003). "Mating strategies of topi bulls: getting in the centre of attention". Animal Behaviour, 65 (3): 585-593. Os machos marcan o seu territorio con montóns de esterco e permanecen nunha posición ergueita preparados para loitar con calquera outro macho que intente invadilo. As femias en celo entran nos leks soas ou en grupos, e aparéanse cos machos situados no centro.

A gran maioría dos nacementos sucede entre outubro e decembro, a metade deles en outubro.Sinclaire, A. R. E.; Mduma, Simon A. R. & Arcese, M. (2000): "What Determines Phenology and Sychrony of Ungulate Breeding in Serengeti?" Ecology, 81 (8): 2100-2111. As crías poden seguir ás súas nais xusto despois do nacemento. Tras a reprodución, os topis sepáranse en mandas de machos e femias.

Inimigos Os seus principais depredadores son os leóns, as hienas pintas e os chacais, que ameazan aos becerros; as hienas son os atacantes máis comúns.Bro-Jorgensen, J. (2002): "Overt female mate competition and preference for central males in a lekking antelope". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America, 99 (14): 9290-9293. Porén, o topi ten unha taxa de depredación menor que as especies de herbívoros circundantes.

Poboación e estado de conservación

A pesar de que a especie ten unha extensa área de distribución e posúe unha poboación abundante, foi eliminada de grandes zonas a causa da caza e da degradación do hábitat causada pola expansión de lugares de pastoreo. Esta ameaza é maior para o korrigum de África occidental; dos doce países nos cales existía anteriormente, xa desapareceu de catro e probabelmente só exista transitoriamente en tres deles. Máis do 90 % dos individuos viven en áreas protexidas, principalmente no Parque Nacional Virunga (República Democrática do Congo), o Parque Nacional Queen Elizabeth (Uganda o Parque Nacional Akagera (Ruanda), o Masai Mara (Kenya) e o Parque Nacional de Serengueti (Tanzania).Damaliscus lunatus na Lista vermella da UICN.

O status das poboación segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e de LC (pouco preocupante).

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Groves, Colin & Peter Grubb (2011): 'Tribe Alcelaphini in Wallace, 1876 en Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. Rodríguez de la Fuente, F. (1970): Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo I. África (Región etiópica). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 104–114. Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Bóvidos Antílope Antilopinos Damaliscus Damaliscus lunatus

Ligazóns externas Damaliscus korrigum (Ogilby, 1837) no SIIT. Damaliscus lunatus en ADW. Damaliscus korrigum en ADW. Damaliscus lunatus en ARKive.

Categoría:Bóvidos Categoría:Antílopes Categoría:Animais descritos en 1837