La Verdad foi un semanario editado no Carril (Vilagarcía de Arousa) entre 1897 e 1898.
Historia e características Subtitulado Semanario independiente, defensor de los intereses carrileños, apareceu o 8 de agosto de 1897.La Voz de Morrazo, 21-8-1897, p. 2. Imprimíase na Imprenta de Alende de Santiago de Compostela. O 20 de outubro de 1897 publicou un número extraordinario dedicado a José Salgado Rodríguez con motivo do seu nomeamento como gobernador civil da provincia de Lugo.El Lucense, 29-10-1897, p. 2. Cesou a súa publicación en 1898.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Los periódicos de Carril
Categoría:Prensa escrita de Vilagarcía de Arousa
Categoría:1897 en Galicia