O linezolid é un antibiótico (nome comercial Zyvoxid), do grupo oxazolidinona (de orixe sintética), que actúa inhibindo a síntese proteica da subunidade 50s do ribosoma, en contreto a subunidade 23s do ARN ribosómico. En termos xerais é un antibiótico bacteriostático, pero fronte a algúns xermes pode ser bactericida. O linezolid emprégase nas infeccións de tecidos brandos (pel, músculo etc), pneumonía principalmente. É activo fronte a Staphylococcus aureus resistente á meticilina (SARM), enterococos resistentes á vancomicina e Streptococcus pneumoniae multirresistentes. Pódese empregar por vía intravenosa ou oral (600 miligramos cada doce horas), sendo o primeiro antibiótico administrable por vía oral fronte ao SARM.
Actividade O linezolid é activo fronte a Staphylococcus aureus, estafilococos en xeral, Enterococcus faecalis, Enterococcus faecium, Streptococcus pneumoniae, estreptococos, Corynebacterium spp, Bacillus spp, Listeria monocytogenes, Rhodococcus spp, Erysipelothrix rhusiopathiae, Clostridium difficile, Clostridium perfringens, Peptostreptococcus spp, Nocardia e algunhas micobacterias.
Existen cepas resistentes de estafilococos, enterococos e pneumococos, fundamentalmente a través de mutacións na subunidade 23S do ARN ribosómico bacteriano, sendo as mutacións máis comúns: G2576T, G2447T e T2504A. Outros mecanismos coñecidos de resistencia son mutacións nas proteínas ribosómicas L3 e L4.
Dende a comercialización na década dos 2000, monitorízanse periodicamente as resistencias a linezolid, apreciándose en liñas xerais unha resistencia menor ao 1%. Foron reportados varios casos de enterococos resistentes a linezolid, así coma cepas de pneumococo. Apréciase un maior nivel de resistencia nas unidades con gran presión infecciosa (UCI).
Efectos secundarios A maior parte dos efectos secundarios obsérvanse nos tratamentos a longo prazo. Nalgúns pacientes prodúcese unha deterioración da medula ósea, podendo apreciarse anemia ou trombopenia.
Véxase tamén Bibliografía Actualización en infecciones relacionadas con el uso de catéteres vasculares (en castelán). ISBN 978-84-15340-71-3.
Categoría:Antibióticos