Juan de Ciórraga y Fernández de la Bastida, nado en Vitoria o 30 de marzo de 1836 e finado na Coruña o 8 de xuño de 1891 foi un arquitecto español.
Traxectoria miniatura|Praza de María Pita. Ciórraga foi arquitecto municipal da Coruña desde 1864 ata a súa renuncia en 1890. Durante ese tempo construíuse a praza de María Pita na que introduciu modificacións no deseño dos edificios.
En 1876 conseguiu a aprobación da primeira normativa sobre a construción das galerías, introducindo este elemento no Ensanche coruñés.
Obras Ademais do deseño do Ensanche e da praza de María Pita, Ciórraga creou, entre outras, a nova fachada da Colexiata de Santa María do Campo, na que eliminou engadidos doutras épocas e trasladou a portada á nova fachada, a escalinata da igrexa de Santiago e a fachada posterior do pazo do Marqués de San Martín de Ombreiro, as tres na Cidade Vella coruñesa.
Galería
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Arquitectos de España do século XIX Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1931