250px|miniatura|Mapa das rexións tradicionais de Carelia.

Carelia (en carelio, finés e estoniano: Karjala; , Karelija, historicamente Корела, Korjela; ), a terra do pobo carelio, é unha rexión da Europa setentrional de importancia histórica para Finlandia, Rusia e Suecia. Actualmente a rexión está dividida entre Finlandia (formando as rexións de Carelia do Norte e Carelia do Sur), e o noroeste de Rusia (formando os suxeitos federais da República de Carelia e o óblast de Leningrado).

Historia

As primeiras probas de presenza humana na rexión datan da idade do xeo, aproximadamente 7 ou 6 milenios AEC, e adicábanse á caza e á pesca. Tratábase de tribos fino-ugrias (Korela, Sum, Ves e Saami) que habitaron as áreas do istmo de Carelia e o norte do lago Ladoga, entre este e o lago Onega (Ves), e máis ao norte (Saami), mais posteriormente estendéronse ata a costa do mar Branco, ao mesmo tempo que tribos eslavas penetraron neses territorios e axudaron no desenvolvemento de actividades como a agricultura e o comercio marítimo. No primeiro milenio AEC as persoas que habitaban a rexión puideron extraer e procesar o ferro, así como cultivar e criar gando.

Política

miniatura|Sede do Parlamento da República de Carelia. Carelia encóntrase politicamente dividida entre Finlandia e Rusia. A República de Carelia é un suxeito federal constituído como tal en 1991 a partir da República Autónoma Socialista Soviética de Carelia. O istmo de Carelia pretence administrativamente ao óblast de Leningrado, logo de que Finlandia cedera o territorio logo da Guerra de Inverno en 1940. A parte finlandesa consiste en partes das rexións (en finés maakunta) de Carelia do Norte e Carelia do Sur.

Lingua

A lingua carelia é a lingua propia do pobo carelio. Trátase dunha lingua urálica da pola das linguas finobálticas estreitamente relacionada co finés.

Calcúlase que hai un total de 30 000 falantes de carelio, con todo, debido ás migracións posteriores á segunda guerra mundial o pobo carelio vive disperso por toda Finlandia e o carelio non é falado como idioma comunitario local.

Notas

Categoría:Rexións de Finlandia