O castro de Untia é un poboado castrexo sobre o cal se asenta a actual cidade de Betanzos.

Historia A actual cidade de Betanzos asenta sobre o castro situado no outeiro entre os ríos Mandeo e Mendo, ao fondo da ría de Betanzos. O trazado das sucesivas edificacións e rúas ao longo do tempo mantivo a estrutura ovalada e o escalonamento imposto pola orografía do monte. A croa do castro estaría na zona máis alta do monte, sendo a actual praza da Constitución.

O rei Afonso IX nun documento datado en Valencia de Don Juan o 13 de febreiro de 1219 traslada a vila de Betanzos ao castro de Untia (Castrum de Vnctia) a petición dos habitantes. O castro era entón propiedade do mosteiro de Sobrado"La Segunda Fundación de Betanzos", artigo de José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro, cronista oficial de Betanzos, en Cronistas de Betanzos, agosto de 2012 ..

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Arco Ártabro

Untia