Planeta furancho foi un programa radiofónico emitido por Radio Galega Música de luns a venres entre os anos 2009 e 2015.
Estaba presentado por Vituco Neira, guitarrista e cantante do grupo Ruxe Ruxe e dedicado á difusión da música en galego, e en certo modo era continuador do programa Aberto por reformas. En febreiro de 2015 Vituco Neira anunciou que o 29 de maio dese ano, e despois de máis de 1400 programas, estaba prevista a última emisión do programa, o que provocou protestas e mobilizacións do sector musical galego, chegando incluso ao Parlamento de Galicia.
Véxase tamén Ligazóns externas Web
Notas
Categoría:Programas da Radio Galega Categoría:Música de Galicia