A República dos Calmucos (en Respublika Kalmykiya; en calmuco, Hal'mg Tanghch) é unha república federal de Rusia. Segundo o censo de 2023, a súa poboación é de 264.200.

É a única rexión de Europa onde o budismo é a relixión maioritaria. É coñecida por ser o centro internacional do xadrez xa que o seu antigo Presidente, Kirsan Ilyumzhinov, é o xefe da "Federación Internacional de Xadrez" (FIDE).

Xeografía A república está situada no sur de Rusia, ao norte do Cáucaso. O río Volga pasa polo leste da rexión. Outros ríos importantes son o Yegorlyk, o Kuma e mais o Manych. O lago máis grande é o Manych-Gudilo, aínda que tamén destacan o Sarpa e o Tsagan-Khak. O cume máis alto é o Shared, situado nos outeiros de Yergeni, con 221 metros de altura. Trátase dunha área semidesértica.

Entre os seus recursos naturais, atópanse o carbón, o gas natural e o petróleo.

Clima A temperatura media en xaneiro é de −2.7 °C, e a de xullo é duns 26.5 °C. A precipitación anual media vai dos 170 mililitros no leste da república aos 400 no oeste.

Destaca a pequena vila de Utta, o lugar máis cálido de Rusia. No 12 de xullo do 2010, durante unha vaga de calor, bateuse o récord de temperatura máxima observada no país, 45.4 °C.

Fauna A república conta cos saiga, un tipo de antílope que habita a rexión protexida da Reserva Natural das Terras Negras (ruso: Chórniye zemli Черные Земли).

Notas

Véxase tamén Outros artigos  Pobo calmuco Ligazóns externas Páxina oficial da República dos Calmucos

Categoría:Repúblicas de Rusia