O Liceo Normal de Hämeenlinna (en finés Hämeenlinnan normaalilyseo') foi o primeiro Liceo Normal en finés. Foi fundado o 1 de setembro de 1873 na cidade de Hämeenlinna (Finlandia), e foi trasladado a Helsinqui en 1887. Dende aquela, o Hämeenlinnan klassillinen lyseo continuou levando a ensinanza secundaria á capital de Tavastia Propia, e hoxe en día a tradición escolar continúa no Hämeenlinnan lyseon lukio.

Entre os seus alumnos máis destacados están o sétimo presidente de Finlandia Juho Kusti Paasikivi, o compositor Jean Sibelius, ou o poeta e xornalista Eino Leino.

Notas

Categoría:Hämeenlinna