thumb|Primeira edición dos Fragmenta historicorum Graecorum, volume 1.París, Karl e Theodor Müller, 1841.
Os Fragmente der griechischen Historiker (Fragmentos dos historiadores gregos), máis coñecidos baixo a abreviatura de FGrH, FGH ou «o Jacoby», son unha colección de fragmentos de obras de historiadores gregos, reunidos polo filólogo alemán Felix Jacoby (1876-1959). Están en gran parte fundados nos Fragmenta historicorum Graecorum de Karl Müller, publicado en cinco tomos entre 1841 e 1870.
Historia Jacoby emprendeu os FGrH en 1923. O seu fin era compilar o conxunto dos restos que subsisten de historiadores gregos hoxe perdidos: citacións, fragmentos atopados, resumos etc. Estes fragmentos estaban provistos dun aparello crítico, anotados e comentados brevemente, pero non se forneceu tradución ningunha. O Jacoby contén máis de 12.000 fragmentos de fontes que chegan ata o período bizantino e, ademais das gregas, tamén de fontes noutras linguas como o armenio, siríaco e árabe.
Jacoby previra inicialmente un plan en cinco partes. Á súa morte, en 1959, apareceran 15 volumes pero só se terminaron tres partes, que comprenden fragmentos de 856 historiadores gregos:
autores 1-63: mitógrafos e cronistas. autores 64-261: historiadores. autores 262-856: autobiografías, historias locais e obras sobre temas non gregos.
A cuarta parte debía estar consagrada ás biografías e á literatura antiga; a quinta, á xeografía histórica. Jacoby non chegou a publicar tres seccións que xa escribira e o seu comentario ao volume IIIC. Deixou máis de 1.200 páxinas de notas, que permitiron a un equipo de estudosos editar o volume IV da obraBiography and Antiquarian Literature.
O Instituto Arqueolóxico Alemán (DAI) está financiando a edición, tradución e comentarios do volume V, referente a fragmentos de xeógrafos gregos antigos.
Os FGrH quedan como unha referencia ineludíbel para os investigadores da historia grega. permitiron igualmente revelar fontes ata entón descoñecidas, como os atidógrafos. Notas
Véxase tamén Outros artigos Historiografía da Grecia antiga
Ligazóns externas Selección de pasaxes dos volumes IIA e IIB da obra de Jacoby.
Categoría:Manuscritos Categoría:Paleografía Categoría:Filoloxía Categoría:Historiografía Categoría:Grecia antiga