Manuel Gómez Cantos, nado en San Fernando o 25 de marzo de 1892 e finado en Madrid o 29 de maio de 1977, foi un militar e político español.
Traxectoria Fillo dun oficial de terceira da Mariña, estudou na Academia de Infantaría de Toledo. En 1920 obtivo o pase á Garda Civil como primeiro tenente.
Na guerra civil Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba á fronte da Garda Civil de Villanueva de la Serena, sumouse á rebelión e apresou o alcalde e os concelleiros de esquerda. Matou un concelleiro, feriu ao alcalde e efectuou 60 detencións. Fuxiu a Miajadas dez días despois. En 1937 foi nomeado responsable dunha unidade de contra-guerrilla nas comarcas estremeñas de Hornachos, La Granja, Llerena e Guadalcanal. En 1938 foi delegado de Orde Pública na zona de La Serena, cando foi conquistada polas tropas nacionais. O 8 de setembro de 1938 organizou na praza da vila un xuízo popular que condenou a execución sumaria os 33 prisioneiros de Villanueva de la Serena que aínda estaban na cadea de Badaxoz. Á fronte dunha brigada móbil actuou nas zonas limítrofes das provincias de Badaxoz, Huelva, Sevilla e Córdoba, sendo ascendido a Comandante e condecorado coa Medalla Militar en decembro de 1938.El Pueblo Gallego, 1-6-1939, p. 6.
Gobernador civil de Pontevedra En marzo de 1939 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra co encargo de solucionar o problema dos fuxidos. Desde o momento da súa toma de posesión o 14 de abril, mostrou a súa peculiaridade como por exemplo no uso da prensa como arma política e plataforma persoal. Iniciou varias actuacións populistas como a reconstrución das infraestruturas provinciais e a construción de vivendas sociais. Para solucionar o problema dos escapados, decretou a posta en liberdade de todos os presos gobernativosEl Pueblo Gallego, 25-4-1939, p. 2. e publicou un bando para que todos os fuxidos que non tivesen as mans manchadas de sangue se presentase ante el para regular a súa situación. Logrou a presentación de máis de 200 fuxidos.El Pueblo Gallego, 31-5-1939, p. 6.El Pueblo Gallego, 1-6-1939, p. 2. Foi cesado o 25 de agosto dese ano.
Contra o maquis Regresou a Estremadura como tenente coronel e á fronte da Comandancia de Cáceres foi nomeado responsable das forzas encargadas da persecución dos fuxidos en 1942. O 28 de agosto de 1942 mandou asasinar en Alía 30 persoas elixidas ao chou para aterrorizar á poboación. No verán intentou repetir o castigo con 90 persoas, pero o sacerdote Ambrosio Eransus, comandante castrense, logrou impedilo. En abril de 1945, ao saber que un grupo de maquis tomara Mesas de Ibor varias horas e desarmara os catro gardas civís, ordenou fusilalos inmediatamente por covardes. Por negarlle os auxilios espirituais aos gardas, o bispo de Cáceres e o cardeal primado Enrique Pla y Deniel fixeron presión a Francisco Franco e Gómez Cantos foi procesado e estivo uns meses na cadea.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas El guardia civil más sanguinario O virreinado de "papá Manuel" (1). O virreinado de "papá Manuel" (e 2)
Categoría:Militares de Andalucía Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Nados en San Fernando Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1977